
DÉPOR ABANCA · 17 OUTUBRO 2026
ALBERTO RODRÍGUEZ PIDE IR A EIBAR "COA MÁXIMA HUMILDADE PERO COA MÁXIMA AMBICIÓN DE CONSEGUIR OS 3 PUNTOS"
Alberto Rodríguez manifestou este venres 16 de outubro na sala de prensa do Dépor Training Center que a Eibar «temos que ir coa máxima humildade, pero tamén coa máxima ambición de conseguir os 3 puntos e ter a posibilidade de lograr despois en ABANCA-RIAZOR o primeiro triunfo con ANOSAFORZA».Precisamente da SD Eibar, rival este domingo 18 de outubro ás 16:00 (Dazn e RTVE Play) en Ipurúa, advirte que «comezou moi ben, está na parte alta da clasificación e encaixa pouco. Despois do Barça, é o equipo que menos goles encaixou, e todos nun partido. Manexouse moi ben en marcadores axustados».Subliña que no seu campo «atópanse cómodas cunha liña de 5, aínda que as metas en bloque baixo; así que vai ser un partido difícil de madurar e agardamos que, co paso dos minutos, o vaiamos levando ao noso terreo».O técnico deportivista vaticina un encontro «de moito duelo porque son un equipo de xogo directo, que o fai moi ben. Necesitamos niveis máximos de atención non só para o primeiro balón, senón tamén para o segundo. E, a partir de aí, recuperar a pelota, traballar coa posesión e facerlles dano nos seus puntos débiles».Alberto Rodríguez insiste en «ir madurando o partido desde o 0-0, sabendo que se vai manexar en marcadores axustados. Poñernos por diante daríanos moito, xa que a SD Eibar sempre tería que propoñer un pouco máis e iso pódenos favorecer».

Manuel Pablo pide en Lugo «estar implicados ao máximo, estar ...

Michi Apóstol recibe por primeira vez o Premio Estrella Galic...

Segundo derbi consecutivo para un Fabril que quere manter est...

Os Nosos adestran este sábado 17 ás 10:30 no Dépor Training C...

O Dépor empata ante o Levante UD e laméntase porque un partid...

Despois de visitar o Madrid CFF o sábado 31 de outubro, As No...