RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Alberto Rodríguez: "Temos a confianza de que, a medida que se acumulen as sesións de adestramento, todo vai ir estando cada vez máis ensamblado"

DÉPOR ABANCA · 4 SETEMBRO 2026

ALBERTO RODRÍGUEZ: "TEMOS A CONFIANZA DE QUE, A MEDIDA QUE SE ACUMULEN AS SESIÓNS DE ADESTRAMENTO, TODO VAI IR ESTANDO CADA VEZ MÁIS ENSAMBLADO"

Alberto Rodríguez admitiu na sala de prensa do Dépor Training Center que este domingo 6 de setembro ás 12:45 (11:45 hora local) no Heliodoro Rodríguez López ante o UD Costa Adeje Tenerife «temos que comezar mellor o partido. É un dos aspectos nos que puxemos o foco durante a semana, ademais de ter en conta as particularidades do Tenerife para intentar facerlle dano».O técnico deportivista define como «un proceso natural» a adaptación das novas incorporacións: «Eu tamén son un adestrador novo no que respecta á idea de xogo. Partimos case todo o mundo de cero e iso permite que a primeira mensaxe que recibe o equipo sexa coa nova idea. Temos a confianza de que, a medida que se acumulen as sesións de adestramento, todo vai estar cada vez máis ensamblado. E o rival vainos sentir así e poderemos facerlle máis dano».Do UD Costa Adeje Tenerife opina que «é un equipo cunha idea de xogo moi clara. Yerai (Martín, o seu adestrador) xa estaba tamén o ano pasado. Hai un núcleo de futbolistas que xa leva anos no cadro de xogadoras. Imos atopar unha liña de 5 bastante marcada. O traballo desta semana estivo enfocado nesa dirección. É un equipo bastante agresivo na presión, polo que eses matices nas tarefas desta semana estiveron encamiñados a tratar de facerlles dano e a evitar que o UD Costa Adeje Tenerife nolo faga cos seus puntos fortes».Finalmente, Alberto Rodríguez confesa que lles di ás futbolistas: «O noso peor día e o noso mellor día téñense que parecer moito. E dentro do partido, o noso mellor momento e o noso peor momento téñense que parecer moito. O outro día (ante o Sevilla FC) non sucedeu. Estamos no camiño de que iso non volva pasar. Pero é a 1ª xornada. Cada semana afróntase como un reto novo e único, coa experiencia acumulada da semana anterior».Insiste en que As Nosas afrontaron a derrota «con naturalidade. Sabendo que o inicio do outro día non se pode repetir e con ganas de que rode o balón».

Real Club Deportivo de La Coruña