RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Alta carga táctica co obxectivo ante o Levante UD de «levar o plan de partido e gañalo»

DÉPOR · 14 OUTUBRO 2026

ALTA CARGA TÁCTICA CO OBXECTIVO ANTE O LEVANTE UD DE «LEVAR O PLAN DE PARTIDO E GAÑALO»

O Dépor completou este mércores 14 de outubro un adestramento de alta carga táctica entre os campos 2 e 3 do Dépor Training Center de cara ao encontro ante o Levante UD deste venres 16 de outubro ás 21:00 horas (Movistar LaLiga e Dazn en aberto) en ABANCA-RIAZOR.O cadro de xogadores reuniuse na sala de vídeo antes de saltar ao céspede. «Analizamos o rival. Igual ca nós, eles tamén analizarán. Cambiarán cousas, pero intentaremos levar a cabo o plan de partido e gañar», subliñou David Mella na súa comparecencia ante os medios.Tras unha activación con rondos, Antonio Hidalgo dispuxo un partido táctico antes de concluír a xornada cun repaso ás accións a balón parado.Aubameyang, Eddahchouri e Casadó continúan co seu adestramento personalizado, o último no seu domicilio.

loureiro1014.jpg

Sobre o dianteiro francés opinou David Mella: «Aprendes no día a día. Aínda que teña 37 anos, está traballando antes e despois no ximnasio. E coa lesión, traballando coma se tivese 21 anos e lle quedasen por xogar 20 temporadas máis».Confesa o canteirán deportivista que 'Auba' «é unha gran persoa que che axuda todos os días. É divertido e unha peza moi importante no vestiario».Kevin Sánchez, Noé e Martín Ochoa foron os representantes de ANOSACANTEIRA.Este xoves 15 de outubro, Os Nosos adestraranse de novo no Dépor Training Center a partir das 10:30 horas.

  • amatucci1014.jpg
  • balonlaliga1014.jpg
  • arnau1014.jpg
  • yeremayybarcia1014.jpg
  • hidalgoycabellud1014.jpg