
DÉPOR ABANCA · 4 XULLO 2026
ANDREA TARAZONA REFORZA A PORTERÍA DO DÉPOR ABANCA
A gardameta Andrea Tarazona Brisa (Riba-roja de Túria, Valencia, 21 de marzo de 2004) é nova xogadora do Dépor ABANCA, co que asina até xuño de 2027, con posibilidade de ampliación.Internacional sub-19, mundialista coa selección española sub-20 e tamén convocada pola sub-23, Tarazona chega ao Dépor Training Center procedente do Levante UD, entidade á que se incorporou en 2020 para reforzar o seu equipo filial.A súa progresión foi constante até consolidarse na dinámica do primeiro equipo e debutar na Liga F na temporada 2022-23.Durante a campaña 2023-24 tamén tivo a oportunidade de disputar a fase de clasificación para a UEFA Women's Champions League, sumando experiencia en competición continental.Cos seus 22 anos, a porteira valenciana acumula xa 58 partidos na Liga F, unha cifra que reflicte o seu crecemento e continuidade na máxima categoría do fútbol feminino español.Coa súa incorporación, o Dépor ABANCA engade ao seu cadro unha gardameta nova, con experiencia na elite e un amplo marxe de progresión para reforzar a portaría blanquiazul nas vindeiras tempadas.A fichaxe de Andrea Tarazona únese así ás xa anunciadas anteriormente de Daniela Caracas, Eva Alonso e Marisa García, esta despois da pasada temporada cedida polo Real Madrid CF; ademais das renovacións de Lucía Rívas, Paula Redruello, Merle Barth, Paula Novo e Espe Pizarro.

O Orzán SD Infantil B xa coñece o seu calendario no grupo B d...

O Sporting Burgo, primeiro rival do Orzán SD Infantil A na Li...

El Orzán SD Cadete arranca a Liga Galega este sábado 10 de ou...

Aubameyang confirma tras recoller o Premio Estrella Galicia q...

Lucas Noubi e José María Giménez xa adestraron este xoves cun...

O partido copeiro do Dépor ABANCA ante o CE Europa xogarase o...