
DÉPOR · 6 AGOSTO 2026
ANGELIÑO COMPLETA O SEU PRIMEIRO ADESTRAMENTO CO DÉPOR EN COVERCIANO
Angeliño xa traballa xunto aos seus novos compañeiros. O lateral esquerdo coruñés completou este xoves 6 de agosto o seu primeiro adestramento como futbolista do RC Deportivo, apenas unhas horas despois de facerse oficial a súa incorporación ao conxunto branquiazul.O novo xogador deportivista púxose ás órdenes de Antonio Hidalgo nunha sesión de menor carga, deseñada para preparar o 5º compromiso amigable da pretemporada. Esta mesma tarde, ás 20:00 horas, Os Nosos mediránse á ACF Fiorentina no Stadio Curva Fiesole, nun encontro que se poderá seguir a través do canle de YouTube do RC Deportivo.Sobre a herba do campo 'Enzo Bearzot' do Centro Técnico da Federación Italiana de Fútbol, en Coverciano, Angeliño integrouse con total normalidade na dinámica do grupo, participando na activación inicial e en varios rondos xunto ao resto do cadro.
A sesión completouse cun ensaio de accións a balón parado dirixido por Álex Antón, continuando así o traballo táctico previsto polo corpo técnico durante a concentración en Italia.Pola súa banda, Altimira e Asp Jensen proseguiron cos seus respectivos plans de traballo personalizado, supervisados polos servizos médicos e de readaptación do Club.O Dépor segue reforzando un grupo que afronta a recta final da súa concentración en Italia co obxectivo de continuar medrando antes do inicio da temporada.

O regreso a casa de Angeliño, un dos futbolistas que pasaron por #ANOSACANTEIRA, engade un motivo máis de ilusión a un cadro que continúa a preparar con ambición o regreso á elite.Así, Ximo Navarro manifestou que "é un futbolista de moita calidade, que xogou en grandes equipos. Hai anos enfronteime a el nun RCD Mallorca - UD Almería. É un futbolista cunha traxectoria moi boa, con moito nivel".

Definido o calendario no grupo 1º de Segunda Federación para ...

O Dépor ABANCA disputa este venres 7 de agosto ás 19:00 ante ...

O Xuvenil B mídese este venres 7 ao Sporting Meicende na ante...

Derrota pola mínima e de penalti no minuto 90 do Fabril ante ...

José Ángel Esmorís Tasende, 'Angeliño', novo xogador do RC De...

Giacomo Quagliata ve "un equipo novo pero con calidade" e pid...




