RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
ANOSACANTEIRA segue entre as 4 mellores de España ao clasificarse agora para a 'Final Four' da Copa del Rey xuvenil, "un orgullo para todos"

JUVENIL A · 11 FEBREIRO 2026

ANOSACANTEIRA SEGUE ENTRE AS 4 MELLORES DE ESPAÑA AO CLASIFICARSE AGORA PARA A 'FINAL FOUR' DA COPA DEL REY XUVENIL, "UN ORGULLO PARA TODOS"

ANOSACANTEIRA segue entre as 4 mellores de España. Se ao final da temporada pasada participou na Final Four da Copa de Campións, agora disputará a final a catro da Copa del Rey ao apear en cuartos de final ao CD Tenerife (0-1)."Só repetimos nós e o Betis, que é un súper equipo, o mellor de España nestes momentos. É un orgullo para todos", subliñou un visiblemente satisfeito Miguel Figueira.O partido no Heliodoro Rodríguez López decidiuse por un tanto de Lucas Regueiro na segunda metade.O técnico deportivista afirmou que "fomos de menos a máis" e advertiu que "só a falta de acerto impediunos ter o partido xa resolto un pouco antes".Cualificou ao CD Tenerife como "un gran equipo" pero "fomos capaces de minimizar aos seus bos xogadores e encima de impor á nosa forma de xogar".Após chegar con 0-0 ao descanso na segunda metade veu o gol do encontro.Iso si, antes Leandro, no minuto 51, con todo a favor, perdoou o primeiro porque o seu disparo marchouse rozando o poste esquerdo da meta tinerfeña.No minuto 69 Guille entra por banda dereita e o seu pase atrás na área remátao Lucas Regueiro de xeito inalcanzable para o porteiro tinerfeño Sosa."Conseguimos ser nós mesmos. En ningún momento deixamos de combinar, de buscar superioridades por dentro, de chegar por fóra", afirmou o preparador deportivista.Mostrouse o preparador branquiazul "orgulloso da confianza que teñen os rapaces e de como se desenvolven nun estadio como o Heliodoro".Xuvenil A :Anxo, Guille (Jorge, min. 81), Xabi Campos, David (Nico, min. 79), Vergara, Lucas Regueiro (Íker Fernández, min. 79), Leandro (Balbas, min. 56), Lucas Castro, Íker Gil, Álvaro e Mauro (Abel, min. 81)O rival do Xuvenil A na Final Four, con sede aínda por determinar, será o FC Barcelona, que eliminou á UD Las Palmas (1-0).Miguel Figueira cre que esta clasificación "é un premio a toda a canteira. Hai moita xente que traballa no Dépor Training Center, que se preocupa dos rapaces, de levalos, de traelos, de adestrar, con corpos técnicos que traballamos unha mesma idea de xogo".A outra semifinal xogarana o Real Betis e o RC Celta, que eliminaron respectivamente ao Real Madrid CF (1-2) e ao Athletic Club (2-1).Os resultados do Xuvenil A en esta edición da Copa del Rey son os seguintes:Dezaseisavos de finalXuvenil A 3 (Íker Gil, Lucas Castro e Miguel de Labra) - AD Sporting Hortaleza 1Oitavos de finalXuvenil A 4 (Íker Gil -2-, Lucas Castro e Guille) - Rayo Vallecano 1Cuartos de finalCD Tenerife 0 - Xuvenil A 1 (Lucas Regueiro, min. 69)