
DÉPOR ABANCA B · 7 MAIO 2026
ANTÍA VEIGA ENFRÓNTASE A FRANCIA NO SEGUNDO PARTIDO DO CAMPIONATO DE EUROPA SUB-17
Antía Veiga está concentrada coa selección española sub-17 en Belfast (Irlanda del Norte) para disputar o Campionato de Europa da categoría.Finlandia, Francia e Polonia son as rivais de España no grupo B da primeira fase.A segunda cita do combinado español e da futbolista do Dépor ABANCA B será este venres 8 de maio ás 15:00 fronte a Francia, que goleou no seu debut no torneo por 5-0 a Polonia.O primeiro partido xogouse o pasado martes 5 de maio ante Finlandia en Inver Park.Goleou España por 4-0, con Antía Veiga no once inicial.A canteirá deportivista estivo firme baixo paus cando, no treito final do partido, Finlandia se lanzou a por un gol que as metese no encontro.O calendario de partidos de Antía Veiga, cos resultados dos xa disputados, é o seguinte:Martes 5 de maioESPAÑA 4 - FINLANDIA 0Venres 8 de maio15:00: FRANCIA - ESPAÑA, en The ShowgroundsLuns 11 de maio15:00: POLONIA - ESPAÑA, en Inver ParkAntía Veiga participou con este combinado nacional na Ronda 1 e Ronda 2 de clasificación para o Campionato de Europa.En outubro, a gardameta do Dépor ABANCA B formou parte da selección española no Mundial de Marrocos, no que España caeu nos oitavos de final derrotada por Francia na quenda de penaltis.Antía Veiga xogou esta tempada 16 partidos como titular co filial, co que logrou a permanencia matemática en Segunda Federación.

Un Dépor "con confianza pola traxectoria que levamos" abre a ...

Cita esta fin de semana para os equipos infantís de ANOSACANT...

Calendario en ANOSACANTEIRA, con partido decisivo para o Cade...

Olaya Rodríguez: "O noso obxectivo é seguir apertando ao 100%...

O Dépor aférrase ao "partido a partido" e a "tentar dalo todo...

Noé Carrillo: "Tiven moi claro que quería quedar aquí dende o...