
DÉPOR · 7 DECEMBRO 2025
ANTONIO HIDALGO ADMITE A DERROTA PERO "PONDO EN VALOR O QUE FIXERA ATÉ AGORA O EQUIPO"
Despois dunha xeira de 7 triunfos consecutivos (entre liga e Copa) que se cortou ante o CD Castellón, Antonio Hidalgo puxo en valor na sala de prensa de ABANCA-RIAZOR "o que estabamos a facer, que non era nada sinxelo. Sabiamos que en calquera momento podía chegar. Nunca queres que sexa en casa, con #ANOSAFORZA. Hai que levantarse. Hoxe estaremos fo... pero desde xa pensar no seguinte".Admitiu que "houbo algunhas situacións de vantaxe que as puidemos xogar mellor, algún control que non estivemos todo o fino que necesitásemos pero non é sinxelo cando o rival che emparella".Viu unha "primeira parte bastante igualada na que nos levamos ese gol de vantaxe. Na segunda tivemos algunha transición pero custounos".O técnico deportivista subliña que "o importante da xeira é sumar todo o que poidas. Sumamos 15 puntos de 15. Chégache esta derrota. Non é sinxelo. Non estivemos ben despois do gol, non fomos capaces de estruturar un ataque sólido para poder facerlles dano. Son situacións que temos que mellorar, analizalas pero pondo en valor o que fixera até agora o equipo".

Mauro Valeiro xogou completo o partido de España sub-18 ante ...

Vitoria por 1-3 do Cadete este martes 25 en Carballo e calend...

Malick Ndiaye, cedido á UD Barbastro

Viaxe de regreso de Málaga e adestramento con máis carga para...

Amatucci valora na zona mixta de Málaga a importancia de "sum...

Antonio Hidalgo advirte que "temos que mellorar moitas cousas...