RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Antonio Hidalgo: "Facemos moitas cousas ben, pero os nosos propios erros estannos penalizando demasiado"

DÉPOR · 17 OUTUBRO 2026

ANTONIO HIDALGO: "FACEMOS MOITAS COUSAS BEN, PERO OS NOSOS PROPIOS ERROS ESTANNOS PENALIZANDO DEMASIADO"

Antonio Hidalgo subliñou na sala de prensa de ABANCA-RIAZOR ao rematar o Dépor-Levante UD que "isto non vai de merecementos, vai de gañar partidos, de sumar de 3. Facemos moitas cousas ben, pero os nosos propios erros estannos penalizando demasiado. Temos que mellorar".O técnico deportivista lembra que no fútbol "os erros penalízante en calquera categoría, pero é máis evidente en Primeira División e, sobre todo, nun partido igualado, no que ningún dos 2 equipos está todo o fino que podería estar. Na segunda parte tivemos máis presenza. Na primeira, as veces que estivemos en campo contrario non soubemos atacar eses intervalos que nos estaba a ofrecer o Levante UD. Iso témolo que mellorar urxentemente".Considera que ao longo desta temporada "houbo momentos de partido nos que nos sentimos cómodos tendo a posesión, como o día do Betis, a Real Sociedad ou o Valencia CF, por exemplo. Tamén estamos cómodos en situacións de ida e volta, pero hai que controlalas. Sumamos 1 punto, pero téndoo tan preto non se che pode escapar".Finalmente, Antonio Hidalgo confirmou que José María Giménez, cedido esta temporada polo Atlético de Madrid, estará dispoñible para o encontro do vindeiro sábado 24 de outubro ás 21:00 horas no Estadio Metropolitano.

Real Club Deportivo de A Coruña