
DÉPOR · 13 SETEMBRO 2025
ANTONIO HIDALGO: "NESTA CATEGORÍA HAI QUE LOITAR MOITO, HAI QUE IR DÍA A DÍA"
Antonio Hidalgo manifestou na sala de prensa de Mendizorrotza que "temos que saber o difícil que é. Houbo momentos moi bos do CD Mirandés. Puxeron 4 en inicio e custounos sobre todo por dereita. A través dos cambios puidémolo modificar e sufrimos algo menos. Hai que ir lendo os partidos".Lembra que "cando levas 2 goles de diferenza e métense preto ves as cousas doutra maneira. Nesta categoría hai que loitar moito, hai que ir día a día, hai que competir sempre, sempre cos pés no chan. Iso é o que temos que facer".O técnico deportivista mostrouse "moi contento coa xente que entrou, especialmente os dianteiros. Bo traballo de Samuele (Mulattieri), logo Zaka (Eddahchouri) fixo 3 goles. Stoichkov saíu incrible, deunos moitísimo entre liñas. Estou contento por todos eles".Finalmente Antonio Hidalgo sostén que "isto vai de gañar partidos e sempre vai estar moi igualado. Nós loitamos xuntos con #ANOSAFORZA, coa cidade, co noso estadio, con esa xente que vén e empúxanos sempre. O que temos que facer é demostrar ese compromiso, esa lealdade á nosa xente. Estou convencido que a xente está moi contenta na Coruña e traballamos para que sigan sendo felices".

As Nosas adéstranse este luns 4 de maio ás 10:45 no Dépor Tra...

Derrota pola mínima dun Dépor ABANCA que mereceu "moitísimo m...

Resultados deste sábado 2 de maio en ANOSACANTEIRA feminina e...

Resultados deste sábado 2 de maio en ANOSACANTEIRA e calendar...

Manuel Pablo: "Mantivemos un nivel de esixencia máximo ata o ...

Fran Alonso: "Levamos unha boa dinámica en ABANCA-RIAZOR e é ...