RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Antonio Hidalgo vaticina este domingo en Zaragoza "un partido de detalles"

DÉPOR · 1 NOVEMBRO 2025

ANTONIO HIDALGO VATICINA ESTE DOMINGO EN ZARAGOZA "UN PARTIDO DE DETALLES"

Antonio Hidalgo manifestou na rolda de prensa oficial celebrada nun dos salóns do Hotel NH Zaragoza que "a liga está moi igualada. A competición di que calquera equipo compite a calquera. Nós sabémolo".Advirte da dificultade do partido no Ibercaja Estadio de Zaragoza deste domingo 2 de novembro ás 21:00 horas (LaLiga TV Hypermotion e Fútbol 2, dispoñible en DIGI TV e outras plataformas): "Vannos a pór as cousas moi complicadas, vai ser un partido de detalles. Temos que dar nosa mellor versión para levarnos os 3 puntos".Do equipo maño apunta que "ten os matices do novo adestrador, vai moito cara a adiante, quere contragolpear rápido, acumula xente por dentro e eses desmarques contra a última liña fan dano. Teremos que estar pendentes. É un bloque sólido, comprometido".Ademais, alerta que "sempre que cambias de adestrador cambia ese pico de intensidade. Atopáronse coa vitoria en Copa que tamén lles reforzará, igual que a nós".O técnico deportivista asegura "analizar que debemos mellorar no aproveitamento de espazos, poder estar máis en campo contrario".Cre que gañar en Copa "sempre reforza, tamén a competitividade do cadro. A Copa moitas veces axúdache a que esa competencia siga cos xogadores que teñen menos minutos. Estamos contentos pola vitoria porque non é sinxelo competir como o fixemos o outro día (en Castro Urdiales) e darlle valor tamén sabendo que era nosa obrigación pasar de rolda".Finalmente aclarou que Damián Canedo incorporouse á expedición por "a conmoción de Arnau. Fixéronselle probas e parece que todo está en orde. Hoxe puido adestrar máis ou menos normal. Curámonos en saúde estando tan lonxe. Necesitabamos ter unha peza máis no cadro para o partido de mañá".