
DÉPOR ABANCA · 6 MAIO 2026
OLAYA RODRÍGUEZ: "O NOSO OBXECTIVO É SEGUIR APERTANDO AO 100% ATA QUE REMATE A TEMPORADA"
Olaya Rodríguez asegurou este mércores 6 de maio na sala de prensa do Dépor Training Center que o resultado da pasada fin de semana en ABANCA-RIAZOR ante a Real Sociedad foi "unha boa derrota se se pode dicir. Démolo todo. Fixemos unha moi boa primeira parte. E se perdoas ocasións, que tivemos unhas cantas, adoita pasar factura".Afirmou que as futbolistas blanquiazules están "contentas co traballo que fixemos aínda que o resultado non fose o que agardabamos".A atacante deportivista subliñou que As Nosas agora están "centradas nestes partidos que quedan. O noso obxectivo segue sendo conseguir o máximo número posible de puntos e seguir sumando ata que remate a tempada".Nesa liña, insiste en que "non porque acadásemos a permanencia nos imos relaxar. A tempada non rematou. Podemos quedar en postos máis arriba. Entón o noso obxectivo é seguir apertando ao 100% ata que acabe a temporada".Finalmente, a nivel persoal, Olaya desvela que non se mete presión á hora de anotar "pero ter números axuda tanto ao equipo coma a min individualmente. Pódese axudar ao equipo de moitas formas", conclúe.

Antía Veiga, convertida nun pilar da selección española sub-1...

Paula Gutiérrez: "Podemos escalar posicións e o equipo está c...

Nsongo Bil insiste tras recoller o Premio Estrella en "tentar...

O Dépor acelera a preparación do partido ante o FC Andorra ap...

O RC Deportivo activa a prerreserva de entradas para a visita...

Nsongo Bil e Paula Gutiérrez recibiron o Premio Estrella Gali...