
DÉPOR · 6 MAIO 2026
NOÉ CARRILLO: "TIVEN MOI CLARO QUE QUERÍA QUEDAR AQUÍ DENDE O PRIMEIRO MOMENTO"
Noé Carrillo manifestou este mércores 6 de maio na sala de prensa do Dépor Training Center que esta semana, despois do seu gol decisivo en ABANCA-RIAZOR e da súa renovación, "foi moi bonita para min. Levo traballando moito para estes momentos e estou moi contento sobre todo por axudar o equipo a sumar outros 3. Agora a seguir".En dinámica do primeiro equipo, cre que "é un privilexio adestrar con xente de tanto nivel. Sempre fai que mellores como futbolista, sempre che esixe un plus; e aí é onde buscas a mellora".O fabrilista fíxase "moito nos veteranos non só no campo senón en como se comportan. A min axúdanme moito a non sentir tanta presión. Fíxome moito en Jose Ángel, Villares e en Escudero".O centrocampista santiagués desvela que na súa renovación "estivemos falando despois de novembro. Xa estaba todo pechado hai bastante. Pechouse agora. Eu tiven moi claro que me quería quedar aquí desde o primeiro momento. Estou moi contento por poder estar aquí máis anos".Non oculta a súa satisfacción polo ascenso do Fabril, que "estar un Primera RFEF un filial é algo importante para o Club" e sinala que esta tempada foi para el "de moito crecemento. Estou aprendendo a competir moito mellor, a gañar duelos. É un ano de moito aprendizaxe e polo de agora está saíndo todo moi ben".Finalmente Noé confesa que ao marcar o tanto ante o CD Leganés que valeu o triunfo "non mo cría porque era a primeira bola que tocaba. Pensei despois da celebración na miña nai, que xusto veu ao campo ese día. A última vez que non marcara (ante o RCD Mallorca en Copa) non o puido ver en ABANCA-RIAZOR".

O Dépor Genuine, Torre SD e Real Avilés comparten unha xornad...

A RFEF adianta ás 13:00 horas o Fabril - CD Extremadura e fix...

Este venres 16 abre a OAD de 9:15 a 14:00 e os despachos de b...

Antonio Hidalgo advirte de que en LaLiga EA Sports "todo te p...

Os Nosos, que están «facendo as cousas ben», reciben este ven...

O Dépor ABANCA desprázase este sábado 17 ao País Vasco para o...