
DÉPOR ABANCA B · 5 MAIO 2026
ESPAÑA, CON ANTÍA VEIGA DE TITULAR, GOLEOU A FINLANDIA NA PRIMEIRA XORNADA DO CAMPIONATO DE EUROPA SUB-17
Foto:@rfef.es
Antía Veiga (na foto co dorsal número 1) está concentrada coa selección española sub-17 en Belfast (Irlanda del Norte) para disputar o Campionato de Europa da categoría.Finlandia, Francia e Polonia son as rivais de España no grupo B da primeira fase.O primeiro deles foi este martes 5 de maio ante as finlandesas en Inver Park.Goleou España por 4-0 con Antía Veiga no once inicial.A canteirá deportivista estivo firme baixo paus cando, no tramo final do partido, Finlandia se lanzou a por un gol que as metese no encontro.A próxima cita do combinado español e da futbolista do Dépor ABANCA B será este venres 8 de maio ás 15:00 ante Francia, que goleou no outro partido do grupo por 5-0 a Polonia.O calendario de partidos de Antía Veiga, cos resultados dos xa disputados, é o seguinte:Martes 5 de maioESPAÑA 4 - FINLANDIA 0Venres 8 de maio15:00: FRANCIA - ESPAÑA, en The ShowgroundsLuns 11 de maio15:00: POLONIA - ESPAÑA, en Inver ParkAntía Veiga participou con este combinado nacional na Ronda 1 e Ronda 2 de clasificación para o Campionato de Europa.En outubro, a gardameta do Dépor ABANCA B formou parte da selección española no Mundial de Marrocos, no que España caeu nos oitavos de final derrotada por Francia na quenda de penaltis.Antía Veiga xogou esta tempada 16 partidos como titular co filial, co que logrou a permanencia matemática en Segunda Federación.

O Benxamín A clasificouse para a final do Mini Teresa Herrera...

O Dépor xogará o 25 de xullo ás 19:30 ante o Real Oviedo no E...

400 nenos e nenas arrancaron os DéporCampus 2026 no Dépor Tra...

O RC Deportivo lanza o LembraDÉ 2025-26, unha experiencia per...

Resultados da fin de semana, con título para o San Tirso SD C...

O Dépor Genuine conclúe unha nova Liga Genuine Moeve marcada ...