
DÉPOR · 6 MAIO 2026
O DÉPOR AFÉRRASE AO "PARTIDO A PARTIDO" E A "TENTAR DALO TODO" XA ESTE VENRES 8 DE MAIO EN CÁDIZ
O Dépor aférrase nesta recta final de LaLiga Hypermotion ao "partido a partido". Esa mensaxe calou tan fondo no vestiario que un dos recentemente chegados, Noé Carrillo, non dubidou en pronunciala na súa rolda de prensa tras a súa renovación polo RC Deportivo.O canteirán, protagonista o pasado venres 1 de maio fronte ao CD Leganés en ABANCA-RIAZOR, quere "dalo todo por ANOSAFORZA" xa desde este venres 8 de maio ás 20:30 (LaLiga TV Hypermotion e Fútbol 2, dispoñible en DIGI TV e outras plataformas).Noé pide "centrarse primeiro en gañar en Cádiz e despois nos 3 partidos que nos quedan".

Só con Mella con adestramento personalizado, o corpo técnico dispuxo, tras unha activación con rondos, un exercicio táctico, unha tarefa de finalizacións e un ensaio de accións a balón parado.Bil e Noé foron os representantes de ANOSACANTEIRA.Este xoves 7 de maio o Dépor adianta ás 10:00 o horario do adestramento porque a primeira hora da tarde os convocados por Antonio Hidalgo viaxarán a Cádiz, vía Xerez, nun voo directo desde o Aeroporto de A Coruña.

Antía Veiga, convertida nun pilar da selección española sub-1...

Paula Gutiérrez: "Podemos escalar posicións e o equipo está c...

Nsongo Bil insiste tras recoller o Premio Estrella en "tentar...

O Dépor acelera a preparación do partido ante o FC Andorra ap...

O RC Deportivo activa a prerreserva de entradas para a visita...

Nsongo Bil e Paula Gutiérrez recibiron o Premio Estrella Gali...




