
FUNDACIÓN · 6 MAIO 2026
EN MARCHA OS DÉPOR CAMPUS CABREIROÁ 2026, CON INSCRICIÓNS ABERTAS DESDE ESTE MÉRCORES 6 DE MAIO
Como cada verán regresan os Dépor Campus Cabreiroá, nos que participan milleiros de nenas e nenos de boa parte de Galicia e para os que hoxe mércores 6 de maio se abriu o prazo de inscrición nas 19 sedes das 4 provincias galegas.Está dirixido a nenas e nenos de entre 6 e 14 anos (nados entre 2012 e 2020, ambos incluídos), con independencia do seu nivel de práctica ou experiencia futbolística.As sedes do Dépor Campus Cabreiroá desenvolveranse ao longo de 6 semanas, entre o 22 de xuño e o 31 de xullo, tendo como eixo central o Dépor Training Center en Abegondo, onde se impartirá o campus durante as 6 quendas.Na primeira semana, do 22 ao 26 de xuño, as actividades terán lugar tamén en Outes, Maside e Lugo.A segunda semana, comprendida entre o 29 de xuño e o 3 de xullo, contará coas sedes de Caranza, Cee e Colexio Internacional Eirís.Durante a terceira semana, do 6 ao 10 de xullo, o campus celebrarase en Monforte, Santa Comba, Caranza, Colexio Internacional Eirís e Colexio Santa María del Mar.Na cuarta semana, do 13 ao 17 de xullo, as sedes serán Bertamiráns, Boiro, Vilalba e Silleda.A quinta semana, do 20 ao 24 de xullo, o campus chegará a Zas e Cuntis.Finalmente, na sexta semana, do 27 ao 31 de xullo, as actividades desenvolveranse en Cedeira e Marín.Deste xeito, o Dépor Campus Cabreiroá amplía a súa presenza por diferentes localidades galegas, ofrecendo unha ampla cobertura territorial durante todo o verán.Período de preinscriciónAdemais, as sedes do Dépor Training Center en Abegondo e do Colexio Santa María del Mar contarán, como xa aconteceu o ano pasado, cun período de preinscrición preferente que se abrirá desde hoxe mércores 6 de maio ata o mércores 13 de maio ás 11:00 horas, cunha duración dunha semana.Esta medida responde á alta demanda rexistrada en edicións anteriores, nas que se esgotaron todas as prazas, e no caso da sede do Dépor Training Center, ademais, coas limitacións de aforo derivadas das obras nas instalacións.Como novidade, estas sedes contarán con servizo de madrugadores.En canto aos colectivos con acceso prioritario, no Dépor Training Center en Abegondo poderán preinscribirse as e os participantes do Dépor Campus do verán pasado, do Dépor Campus Nadal de 2025 e das DéporEscolas 2025-26, mentres que no Colexio Santa María del Mar esta preinscrición estará reservada para o alumnado previamente inscrito no centro educativo.Toda a información sobre cada sede, cada quenda, horarios e demais preguntas frecuentes atópase premendo aquí, onde se pode realizar todo o proceso de inscrición e contacto, que tamén se pode establecer a través de [email protected].Obxectivos dos Dépor Campus CabreiroaOs obxectivos marcados polos Dépor Campus Cabreiroá son os seguintes:-Aprender e desenvolver a coordinación a través de xogos coordinativos.-Aprender as habilidades e conceptos na relación co corpo.-Aprender as habilidades e conceptos na relación co balón.-Traballar os fundamentos técnico-tácticos cunha metodoloxía analítica.-Competir e gozar mediante partidos en diferentes espazos.-E transmitir os valores que representa o Dépor: RESPECTO, SOLIDARIEDADE, AMIZADE, XOGO LIMPO, INTEGRACIÓN, ESFORZO E FELICIDADE.

España, con Antía Veiga de titular, goleou a Finlandia na pri...

Encontro do Club de Empresas do RC Deportivo e do CD Leganés ...

A Quagliata pónselle a pel de galiña en cada recibimento en A...

O Dépor mídese en ABANCA-RIAZOR ao RCD Espanyol o mércores 27...

O Dépor, "adestrando ben despois dunha vitoria importante", e...

Noé Carrillo renova polo RC Deportivo ata 2029.