RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Aubameyang decide para o Dépor o Trofeo Concello de Vilalba

DÉPOR · 29 XULLO 2026

AUBAMEYANG DECIDE PARA O DÉPOR O TROFEO CONCELLO DE VILALBA

O CD Lugo de Primera Federación foi o rival do Dépor no terceiro amigable de pretemporada, este mércores 29 de xullo.O escenario foi o campo da Magdalena de Vilalba, un lugar que forma parte da historia das pretemporadas do Deportivo.Un estadio que, verán tras verán, viu a Os Nosos dar os seus primeiros pasos antes do inicio dunha nova temporada.En xogo estaba o Trofeo Concello de Vilalba, que marchou para o Dépor grazas a un gol de Aubameyang.Foron baixa para o partido os futbolistas que están con adestramento personalizado ou adaptado, caso de Mella, Yeremay, Loureiro Altimira e Jensen.Samu, Xabi Campos e Guerrero, titulares; ademais de Quique Teijo, Bil e Kevin Sánchez foron os representantes de ANOSACANTEIRA.Se ante o Compostela o titular foi Leo Román e ante o Real Oviedo Germán Parreño, a quenda na Magdalena foi para Ferllo.Tamén se estreou nesta pretemporada o canteirán Guerrero, nun centro do campo acompañado por Giselhart, Villares e Luismi Cruz.A punta de ataque foi para Eddahchouri e Aubameyang.Entre os dous fabricaron a primeira ocasión de gol nos primeiros minutos, pero o holandés cruzou en exceso o balón ante o meta Embadje.Aínda que o CD Lugo lle discutía a pelota ao Dépor apoiado nunha presión alta, a segunda ocasión tamén foi deportivista.Embadje equivócase na saída de balón e regálalle o balón a Eddahchouri, pero o '9' do Dépor estrélao no corpo do porteiro lucense. Corría o minuto 21.O primeiro remate a porta do CD Lugo foi de Rufo no minuto 24: frouxo, marchou á dereita da portería de Ferllo.Pasada a media hora, de novo Eddahchouri foi quen disparou a portería, á media volta na área tras un pase de Luismi Cruz. O seu remate, frouxo, acaba nas mans de Embadje.A última da primeira metade para o CD Lugo foi para Reniero, que chutou lixeiramente desviado ao aproveitar un desaxuste defensivo do Dépor.E sobre o asubío final adiantouse o Dépor no que sería o tanto do triunfo.No desconto da primeira metade Aubameyang marcha por velocidade da defensa lucense e pica o balón ante a saída de Embadje.Estreábase así o dianteiro francés como goleador branquiazul cunha diana definitiva.Tras o paso polos vestiarios, Antonio Hidalgo introduciu 4 cambios.Ximo Navarro, Patiño, Bil e Leo Román relevan a Dani Barcia, Guerrero, Aubameyang e Ferllo; e Samu pasou á posición de central.De Eddahchouri foi a primeira da segunda metade. O seu disparo raso marcha rozando o pau esquerdo da meta do ex deportivista Marc Martínez.Omnipresente en ataque o holandés: aos 51 minutos rematou un bo centro de Ximo Navarro. O balón marchou fóra por pouco.O dominio era do Dépor, que si presionou no inicio do xogo lucense.De novo un remate de Eddahchouri marcha fóra por moi pouco.Pasada a hora de xogo, Lucas Noubi, Quagliata, Amatucci, Riki, Kevin Sánchez e Mario Soriano saltaron ao céspede para que o Dépor concluíse cun once case distinto.Aos 72 minutos, Bil cabecea en semifallo un bo centro de Kevin Sánchez, situado na banda dereita por diante de Ximo Navarro.A colexiada do encontro, María Eugenia Gil Soriano, anulou o segundo ao Dépor no minuto 82 por entender que houbo falta en ataque a Marc Martínez no lanzamento dun saque de esquina.O Trofeo Concello de Vilalba concluíu cun cabezazo de Lucas Noubi a un saque de esquina que sacou Marc Martínez in extremis.Deportivo: Ferllo (Leo Román, min. 46), Samu (Quique Teijo, min. 77), Arnau (Lucas Noubi, min. 63), Dani Barcia (Ximo Navarro, min. 46), Xabi Campos (Quagliata, min. 63), Giselhart (Amatucci, min. 63), Villares (Riki, min. 63), Luismi Cruz (Kevin Sanchez, min. 63), Guerrero (Patiño, min. 46), Aubameyang (Bil, min. 46) e Eddahchouri (Mario Soriano, min. 63)CD Lugo: Embadje (Marc Martínez, min. 46), Yago Rodríguez (Samanes, min. 46), Pere Haro (Simón Luca, min. 66), Garriz (Buide, min. 66), Reniero (Teofilovic, min. 66), Álex Gallar (Kevin Presa, min. 46), Parrilla (Lucas Suárez, min. 73), Chiqui (Arturo Palma, min. 58), Rufo (Gabri Santos, min. 58), Ulloa (Mateo Muñoz, min. 66) e Hugo Pascual (Pol Moreno, min. 46)Árbitro: María Eugenia Gil Soriano, do comité galego. Amonestou a Chiqui (min. 30), Aubameyang (min. 44) e Samu (min. 55)Goles: 1-0 Aubameyang (min. 45+1)Incidencias: partido disputado nun campo da Magdalena ateigado de afeccionados deportivistas