
DÉPOR ABANCA · 28 XULLO 2026
AS CAMPIOAS DE EUROPA SUB-19 XA ESTÁN DE VOLTA CO DÉPOR ABANCA
O Dépor ABANCA segue sumando efectivos na súa preparación para unha nova temporada e esta semana recibiu unha incorporación moi especial.Lucía Rivas, Paula Redruello e Ainoa Gómez, recentes campioas de Europa sub-19 coa selección española, xa traballan xunto ao resto das súas compañeiras no Dépor Training Center.Tras conquistar o título continental, as tres futbolistas branquiazuis incorporáronse á dinámica do equipo e adéstranse ás ordes de Alberto Rodríguez no campo 4 da cidade deportiva, onde continúan a preparar unha temporada ilusionante na elite do fútbol español.O seu regreso supón un importante reforzo para o grupo e, ao mesmo tempo, un motivo de orgullo para todo o deportivismo.Ver 3 xogadoras do Club regresar co título de campioas de Europa confirma o crecemento do proxecto e o talento que segue a desenvolverse baixo o escudo do RC Deportivo.O Dépor ABANCA continúa así avanzando na súa pretemporada coa vista posta no seu primeiro compromiso amigable do verán, que terá lugar este sábado 1 de agosto, ás 19:00 horas, no campo de Miramar, en Luanco, fronte ao Athletic Club.

A ilusión tamén se reflicte nas bancadas. Un total de 2.539 deportivistas xa aseguraron a súa presenza nos partidos do Dépor ABANCA coa adquisición do seu abono para unha temporada moi especial, a terceira consecutiva do equipo na Liga F.Co regreso das campioas de Europa e o apoio crecente da afección, o Dépor ABANCA continúa construíndo un curso cheo de ambición, convencido de que os grandes retos sempre se afrontan mellor camiñando xuntos.

Os Nosos disputan este mércores 29 de xullo ante o CD Lugo o ...

Pierre-Emerick Aubameyang, na súa presentación: "Vexo que hai...

Comezan os amigables en ANOSACANTEIRA, con citas esta semana ...

Sexta e última semana dos DéporCampus con 250 nenos e nenas r...

O RC Deportivo conclúe a primeira fase da campaña de abonados...

Miguel Loureiro dá un novo paso na súa recuperación no inicio...




