RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Pierre-Emerick Aubameyang, na súa presentación: "Vexo que hai moita calidade. E iso gústame"

DÉPOR · 28 XULLO 2026

PIERRE-EMERICK AUBAMEYANG, NA SÚA PRESENTACIÓN: "VEXO QUE HAI MOITA CALIDADE. E ISO GÚSTAME"

Pierre-Emerick Aubameyang (Laval, Francia, 18 de junio de 1989) foi presentado este mediodía no Dépor Training Center como novo futbolista branquiazul até xuño de 2028.En primeiro lugar, o dianteiro deportivista posou coa camiseta branquiazul para os medios gráficos no campo Arsenio Iglesias acompañado por Fernando Soriano.Xa nunha sala de prensa coa presenza de numerosos medios de comunicación, o Director de Fútbol do RC Deportivo lembrou a súa "gran traxectoria" e explicou que "somos un equipo que tenta ter sempre xogadores novos e xogadores que nos ensinen. É certo que Pier e a súa familia desde o primeiro momento creron e apoiaron moito o proxecto".Cre que o novo futbolista branquiazul "é un exemplo tanto no profesional como no persoal".

aubameyang0728.jpg

Pola súa banda, Pierre-Emerick Aubameyang afirma que "cando chegou a proposta falei cos meus axentes e coa miña familia. Ao Deportivo coñézoo dende pequeniño, cando xogaba a Champions League. Volvelo ver en Primera é importante e poder axudar a este equipo é importante para min".Confesa que "gustoume moito o proxecto e cando nos vimos gustoume moito o que falaron. Por iso dixen, imos alí".Asegura estar "moi ben cos compañeiros. Deronme a benvida e estou moi agradecido. Vexo que hai moita calidade. E iso gústame".A nivel persoal cre "estar ben. Síntome moi ben".

sorianoyaubameyang0728.jpg

Aubameyang subliña que lle apetece "moito" o seu rol de líder no Dépor, "aínda que xa o fixen en Marsella tamén e noutros equipos. Penso en Gabón, que hai moito mozo tamén. Son un xogador maior entón teño que dar exemplo. Vou tentar axudar a todos. Cheguei aquí para axudar este equipo entón hai que axudar os mozos e a todos no que poida. Podo falar pero para min o máis importante é o que pasa no campo. Iso é o adestramento, o día a día".Lembra que o Dépor "mirou os partidos do ano pasado e viron que sempre traballo, e dou o máximo".Explica a súa longa traxectoria pola "paixón por xogar ao fútbol. Dende pequeniño sempre teño ganas de xogar e agora é o mesmo. Cando vou de vacacións gústame xogar tamén. Iso dame a forza para continuar con 37 anos".Finalmente, o novo '7' branquiazul promete "marcar goles, moitas asistencias tamén e o máis importante, gañar partidos. Veño con estas ganas para axudar o equipo con asistencias e goles".