RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
O RC Deportivo recibe a benvida a LaLiga EA Sports

DÉPOR · 29 XULLO 2026

O RC DEPORTIVO RECIBE A BENVIDA A LALIGA EA SPORTS

O RC Deportivo, representado polo seu conselleiro delegado Massimo Adalberto Benassi, recibiu a benvida oficial a LaLiga EA Sports.O acto institucional celebrado na sede de LaLiga en Madrid, presidido por Javier Tebas, recoñeceu o esforzo realizado durante a pasada campaña.Acompañaron ao conselleiro delegado deportivista Manolo Higuera, presidente do Real Racing de Santander, e José María Muñoz Jiménez, administrador xudicial do Málaga CF.Na súa intervención, Javier Tebas felicitou os clubs polos seus ascensos, facendo unha mención especial ao mérito de xogadores, corpos técnicos, empregados e afeccións ao longo da temporada.Así mesmo, o máximo dirixente de LaLiga subliñou a importancia da sustentabilidade, o respecto aos valores da competición, a tolerancia cero fronte á violencia, a protección dos dereitos fronte á fraude audiovisual, así como a contribución de todos os clubs ao fortalecemento de LaLiga como proxecto común."Non estades aquí porque vos convidásemos, senón porque o gañastes no campo. Benvidos á vosa nova categoría", expresou Javier Tebas.Durante o evento, Massimo Adalberto Benassi compartiu impresións antes do inicio da temporada 2026-27 e puido coñecer de primeira man as principais liñas de traballo de LaLiga para o novo curso.

massimolaliga30729.jpg