
FUNDACIÓN · 3 SETEMBRO 2025
BERTAMIRÁNS XA CONTA CA SÚA ESCOLA RC DEPORTIVO 2025-26
Bertamiráns, referente en cada DéporCampus Cabreiroá de verán, contará desde o vindeiro mércores 1 de outubro tamén cunha sede da Escola RC Deportivo, en colaboración co Bertamiráns FC e o Concello de Ames.Xa está aberto o prazo de inscrición en .Esta escola profesional de fútbol está destinada a todos os nenos e nenas nadas entre 2012 e 2019 incluídos que desexen complementar a súa formación de maneira máis específica con adestradores da canteira do RC Deportivo independentemente do seu nivel de práctica.Nesta sede hai dobre quenda os martes: 16: 30 e 17:30 horas; e os xogadores e xogadoras do Bertamiráns FC terán desconto.Toda a información acerca de tarifas, horarios, que inclúe a actividade, etc... pode consultarse en .Para calquera dúbida ou consulta acerca da actividade así como calquera problema co proceso de inscrición poden contactar coa organización no correo electrónico [email protected].


Espe Pizarro conclúe a Conmebol Liga de Naciones este martes ...

Inês Pereira visita este martes 9 de xuño Finlandia no torneo...

Paula Novo, talento do Dépor Training Center con futuro branq...

Adrià Altimira vestirá de branquiazul ata 2029

Resultados dun intenso fin de semana de torneos en ANOSACANTE...

A gran familia dos DéporCampus pasa por Bertamiráns por décim...