RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Brillante peche da terceira semana dos DéporCampus

FUNDACIÓN · 10 XULLO 2026

BRILLANTE PECHE DA TERCEIRA SEMANA DOS DÉPORCAMPUS

Os DéporCampus puxeron este venres 10 de xullo o broche á súa terceira semana de actividade cun novo éxito de participación. Un total de 600 nenos e nenas gozaron dunha experiencia marcada polo fútbol, a convivencia e os valores que definen ao RC Deportivo.Durante estes días, a actividade desenvolveuse no Dépor Training Center, que acolleu a súa terceira semana de campus, ademais das sedes de Monforte, Santa Comba, Caranza, na súa segunda semana, e o Colexio Santa María del Mar.Como é habitual, un dos momentos máis agardados polas persoas participantes foi a visita dos futbolistas e futbolistas branquiazuis. No Dépor Training Center compartiron unha xornada cos nenos e nenas Germán Parreño, Altimira, Arnau Comas, Lucas Noubi, Dani Barcia, Patiño, Diego Villares, Zakaria Eddahchouri, Yeremay Hernández e Teun Gijselhart, que asinaron autógrafos, fotografáronse coas persoas participantes e responderon ás súas preguntas.

deporcampussantamaria0710.jpg

As visitas tamén chegaron ao resto de sedes. Guillermo Pastoriza estivo cos nenos e nenas de Santa Comba; Mauro Valeiro acudiu ao Colexio Santa María del Mar; Aitana Bellón e Jorge Méndez compartiron a xornada en Caranza; mentres que Asier visitou o DéporCampus de Ourense.Con este brillante peche, os DéporCampus continúan consolidándose como unha das actividades estivais de referencia para os máis novos, combinando a práctica deportiva coa formación nos valores que representan ao RC Deportivo e achegando ás e aos participantes ás e aos protagonistas dos primeiros equipos branquiazuis.

deporcampuscaranza0710.jpg

Este martes 14 de xullo ás 14:00 conclúe o prazo para apuntarse en Zas e en Cuntis; mentres que tamén seguen abertas as sedes de Cedeira e Marín.Toda a información sobre cada sede, cada quenda, horarios e demais preguntas frecuentes atópase premendo aquí, onde se pode realizar todo o proceso de inscrición e contacto, que tamén se pode establecer a través de [email protected].

santacomba0710.jpg

CalendarioNa 4ª semana, do 13 ao 17 de xullo, as sedes serán Bertamiráns, Boiro, Vilalba e Silleda.Na 5ª semana, do 20 ao 24 de xullo, o campus chegará a Zas e Cuntis.

deporcampusmonforte0710.jpg

Finalmente, na 6ª semana, do 27 ao 31 de xullo, as actividades desenvolveranse en Cedeira e Marín.As novidades nas sedes do Dépor Training Center, en funcionamento as 6 semanas, e do Colexio Santa María del Mar este ano 2026 é que contan con servizo de madrugadores.

deporcampusourense0710.jpg
  • danibarcia0710.jpg
  • german0710.jpg
  • alti0710.jpg
  • lucasnoubi0710.jpg
  • villares0710.jpg
  • patiño0710.jpg
  • eddahchouri0710.jpg
  • yeremay0710.jpg
  • teun0710.jpg