RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Calendario de ANOSACANTEIRA feminina, co Dépor ABANCA B en Eibar e co inicio de liga para o Orzán SD Sub-21 e Orzán SD Xuvenil

CANTERA · 11 SETEMBRO 2026

CALENDARIO DE ANOSACANTEIRA FEMININA, CO DÉPOR ABANCA B EN EIBAR E CO INICIO DE LIGA PARA O ORZÁN SD SUB-21 E ORZÁN SD XUVENIL

Esta fin de semana en ANOSACANTEIRA feminina o líder da Segunda Federación, o Dépor ABANCA B, repite visita na segunda xornada de liga.Se o filial branquiazul arrincou a temporada cunha brillante goleada por 0-5 ante ao Fundación Rayo Vallecano, este domingo 13 de setembro ás 12:00 mídese á SD Eibar B na Ciudad Deportiva eibarresa.As vascas superaron por 0-1 o Burgos CF no seu primeiro encontro.Tamén comeza esta fin de semana a Tercera Federación co choque entre o Orzán SD Sub-21 e o EFF Rosalía, o domingo 13 ás 16:00 no campo 1 da Torre.Finalmente, tamén o domingo, o Orzán SD Xuvenil, en Primera Autonómica, enfróntase á UD Carral a partir das 17:30 no Municipal Borja Rodriguez Ans.O calendario de partidos é o seguinte:Segunda Federación2ª xornada: SD EIBAR B - DEPORTIVO ABANCA B, o domingo 13 de setembro ás 12:00 na Ciudad Deportiva da SD EibarTercera Federación1ª xornada: ORZÁN SD SUB-21 - EFF ROSALÍA, o domingo 13 de setembro ás 16:00 na Torre (campo 1)Primera Autonómica1ª xornada: UD CARRAL - ORZÁN SD JUVENIL, o domingo 13 de setembro ás 17:30 no Municipal Borja Rodríguez Ans (Carral)