RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Manuel Pablo asegura estar "contento" co seu Fabril porque "estamos sendo competitivos"

DÉPOR FABRIL · 11 SETEMBRO 2026

MANUEL PABLO ASEGURA ESTAR "CONTENTO" CO SEU FABRIL PORQUE "ESTAMOS SENDO COMPETITIVOS"

Manuel Pablo advertiu na sala de prensa do Dépor Training Center que espera este domingo 13 de setembro ás 16:00 (Fan Play TV) en ABANCA-RIAZOR ante a SD Ponferradina un partido "duro, esixente a nivel físico, a nivel mental".Cre que a 'Ponfe' "ten moito potencial, está feita para intentar ascender, con xogadores que mesmo pisaron Primeira. Vainos esixir dar o máximo en todos os sentidos".O técnico define os bercianos tamén como "un equipo incómodo. Temos que saber manexarnos nesa incomodidade e non entrar no caos. A pesar de que non esteamos cómodos, de que non teñamos fluidez, non empezar a facer guerras pola nosa conta e intentar que o desgaste vaia pouco a pouco creando espazos e situacións de vantaxe".Finalmente Manuel Pablo di estar "contento" co rendemento do seu equipo no que vai de competición en Primera Federación: "Estamos sendo competitivos. É certo que hai situacións que nos están custando, como os inicios dos partidos, os duelos neses inicios... Hai que ir medrando. Tamén nos está custando fisicamente ao final. Iso débese máis a que estamos adestrando sempre en céspede artificial e xa nos custou o ano pasado".Quere "seguir sendo igual de competitivos. Vén un equipo que nos vai esixir moito nese sentido, tamén no físico; e seguir medrando coa idea, e a ver se tamén cos resultados".

Real Club Deportivo de La Coruña