RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Un Dépor «en perfectas condicións» ultima o seu plan incidindo «nesas situacións de duelo» ante un Getafe CF con «moita xente na última liña, moita ameaza, moito centro»

DÉPOR · 11 SETEMBRO 2026

UN DÉPOR «EN PERFECTAS CONDICIÓNS» ULTIMA O SEU PLAN INCIDINDO «NESAS SITUACIÓNS DE DUELO» ANTE UN GETAFE CF CON «MOITA XENTE NA ÚLTIMA LIÑA, MOITA AMEAZA, MOITO CENTRO»

O Dépor ultima o seu plan para o partido deste domingo 13 de setembro no Coliseum ante o Getafe CF (18:30, Movistar LaLiga).Así, unha tarefa táctica no campo 2 dirixida por Antonio Hidalgo foi o traballo principal da calorosa mañá no Dépor Training Center."Temos que saber como xogar o partido, onde xogalo, evitar os seus puntos fortes e impoñer o que creamos que pode suceder máis veces durante o partido", apuntou Antonio Hidalgo na rolda de prensa previa.Insiste cos seus xogadores en "incidir nesas situacións de duelo, en estar os 90 minutos porque nos van poñer en moitísimas dificultades con moita xente na última liña, con moita ameaza, moito centro. Todo iso hai que controlalo porque vai marcar o devir do partido".

mella0911.jpg

Unha activación con rondos, fútbol tenis e un ensaio de accións a balón parado completaron a sesión.O técnico deportivista presume que "todo o mundo está en perfectas condicións para poder disputar o partido do domingo".Iso si, admitiu que Asp Jensen "arrastra un proceso vírico", o que obrigou o danés a traballar co readaptador, Nando Rodríguez.Este sábado 12 de setembro, o Dépor adianta a súa hora de adestramento, que pasa ás 10:00 en lugar das 10:30 porque a primeira hora da tarde, a expedición deportivista viaxará a Madrid.

  • amatucci0911.jpg
  • eddahchouri0911.jpg
  • angelliño0911.jpg
  • lucasnoubi0911.jpg
  • deportivo0911.jpg