
DÉPOR · 4 AGOSTO 2026
CARGA TÁCTICA POLA MAÑÁ E BALÓN PARADO POLA TARDE ESTE MARTES 4 DE AGOSTO NUNHA SEMANA CON "DÍAS MOI POSITIVOS" EN COVERCIANO
O Dépor superou unha dura xornada de martes de pretemporada, ademais cunha temperatura superior aos 30 graos.
Un partido de alta carga táctica no campo 'Enzo Bearzot' do Centro Técnico da Federación Italiana de Fútbol foi a tarefa principal da mañá. Antonio Hidalgo deu constantes instrucións ao seu cadro de xogadores.A calorosa mañá arrancou cunha activación e un xogo de posición.O adestramento matinal concluíu con fútbol en espazo reducido, de alta intensidade, no que xa non participaron Mella, Yeremay e Loureiro.

Pola tarde o corpo técnico dispuxo dunha sesión de vídeo ás 18:30 antes de volver á herba.Neste caso, o cadro comezou cuns rondos. A continuación, os futbolistas dividíronse en dous grupos.Nunha metade do campo, Óscar Hernández supervisou un exercicio de transicións ofensivas con finalizacións; mentres que na outra metade do campo houbo ensaio de accións defensivas a balón parado (saques de recanto e faltas laterais) dirixido por Álex Antón.Adestráronse á marxe do grupo Asp Jensen, Altimira e Quique Teijo.Tras o paso do Dépor por Hamburgo, cuxos mellores momentos podes ver neste vídeo ao pé destas liñas, Ximo Navarro lembrou que nas pretempadas todos os equipos "pasan 7, 10 días xuntos de viaxe, adestrando. Convives moito máis tempo".
O lateral deportivista cre que este período "é importante para a xente nova, para sentírmonos moito máis preto".Asegura que as fichaxes "se están integrando moi ben. É xente espectacular que vén sumar moitísimo nun ano que vai ser difícil".Ximo Navarro recalca que estes días na localidade italiana de Coverciano "están a ser días moi positivos para seguir adestrando".Con 2 partidos por diante esta semana, xoves 6 de agosto ante a ACF Fiorentina (20:00) e sábado 8 de agosto ante o Genoa CFC (20:45), ambos retransmitidos en directo polo canal de YouTube do RC Deportivo, o futbolista granadino sostén que "son dous partidos de nivel contra equipos da liga italiana. Vénnos moi ben esta semana".

Ximo Navarro cre que LaLiga EA Sports "é un reto moi bonito p...

Novo evento, o sétimo, do proxecto 'One Team No Limits', porq...

As deportivistas Marisa e Ainoa Gómez, convocadas pola selecc...

O Dépor visita o Estadio de la Cerámica de Villarreal o sábad...

O Xuvenil A arrinca a División de Honra na Coruña ante o Vict...

O xuvenil deportivista Nico Balbás participou con Honduras su...






