
FUNDACIÓN · 4 AGOSTO 2026
NOVO EVENTO, O SÉTIMO, DO PROXECTO 'ONE TEAM NO LIMITS', PORQUE A INCLUSIÓN CONSTRÚESE EN EQUIPO
O proxecto 'One Team No Limits', cofinanciado pola Unión Europea, celebrou o seu sétimo evento baixo a premisa de que a inclusión se constrúe en equipo.Así pois, as persoas participantes volveron gozar dunha xornada na que o fútbol serviu como punto de encontro para compartir, aprender e demostrar que o deporte é capaz de unir ás persoas máis alá de calquera diferenza.A RC Deportivo Fundación contou coa colaboración da Fundación ADCOR, que amosou o seu compromiso coa promoción dun deporte máis inclusivo e accesible.Compartir este camiño con entidades que cren nos mesmos valores permite seguir avanzando cara a unha sociedade con máis oportunidades para todas e todos.A RC Deportivo Fundación continúa demostrando que, cando se xoga no mesmo equipo, non hai límites.

Catro adestramentos, FC Porto e Real Madrid CF, todo nunha es...

Fin da pretemporada do Dépor cunha brillante edición do Trofe...

O RC Deportivo pecha a campaña 'O teu lugar en Primeira' con ...

Leo Román cre que "temos que medrar desde a portería a cero, ...

Á venda as entradas de público para o Dépor - Elche CF da 1ª ...

Regreso de madrugada á Coruña para o broche final da pretempo...