
DÉPOR ABANCA · 9 XULLO 2026
CARLA CASTIÑEYRAS, MOCIDADE E PROXECCIÓN PARA A DEFENSA DO DÉPOR ABANCA
O Dépor ABANCA incorpora a Carla Castiñeyras López (Cartagena, Murcia, 23 de octubre de 2008), coñecida deportivamente como Carla Castiñeyras, que asina co club branquiazul ata xuño de 2027, con opción de ampliación.A nova defensa chega procedente do Alhama CF, onde a pasada temporada disputou 21 partidos pese á súa mocidade, consolidándose como unha das futbolistas con maior proxección da súa xeración.Carla iniciou a súa formación nas categorías inferiores do EF Torre Pacheco antes de continuar o seu crecemento no Real Murcia Féminas. Con apenas 15 anos xa competía en Tercera Federación, paso previo á súa incorporación ao Alhama CF.No ámbito internacional, foi convocada coas seleccións españolas sub-16 e sub-17. Precisamente coa sub-17 disputou o pasado Campionato do Mundo celebrado en Marrocos, compartindo convocatoria coa tamén deportivista Antía Veiga.Coa súa incorporación, o Dépor ABANCA suma mocidade, talento e proxección para reforzar a defensa branquiazul de cara á próxima temporada.A incorporación de Carla Castiñeyras (con licenza do Dépor ABANCA B) ao conxunto de Alberto Rodríguez súmase ás xa anunciadas de Ainoa Gómez, Andrea Tarazona, Daniela Caracas, Vega Montesinos, Eva Alonso e Marisa García, que a pasada tempada militou como cedida polo Real Madrid CF; así como ás renovacións de Lucía Rivas, Paula Redruello, Merle Barth, Paula Novo e Espe Pizarro.

O Infantil comeza a liga na División de Honra en O Monte ante...

A RC Deportivo Fundación comparte experiencias e proxectos co...

Resultados dos amigables da semana en ANOSACANTEIRA; este dom...

O Dépor ABANCA B, subcampión do Torneo Unindo Camiños nun gra...

Antonio Hidalgo lembra que "os principios sempre son importan...

Primeira saída en LaLiga EA Sports para Os Nosos, que "imos i...