RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Cedeira xa ten a punto a súa segunda edición do DéporCampus

FUNDACIÓN · 1 XULLO 2026

CEDEIRA XA TEN A PUNTO A SÚA SEGUNDA EDICIÓN DO DÉPORCAMPUS

Cedeira xa está lista para a súa 2ª edición dos DéporCampus, que se leva a cabo en colaboración co Cedeira SD.Tras o éxito do verán pasado, no que se esgotaron as prazas, esta edición vai polo mesmo camiño.O acto de presentación tivo lugar no Concello de Cedeira, e asistiron Pablo Moreda, alcalde de Cedeira; Álex Martínez, coordinador do Cedeira SD; e Sergio Maurente Brañas, coordinador dos DéporCampus.A actividade desenvolverase do luns 27 ao venres 31 de xullo en horario de 10:00 a 14:00.Como todos os DéporCampus, está dirixido a nenos e nenas entre 6 e 14 anos (nados entre 2012 e 2020, ambos incluídos) con independencia do seu nivel de práctica ou experiencia.Os adestradores e adestradoras de ANOSACANTEIRA levarán de novo a Cedeira a metodoloxía de adestramento que os equipos da base realizan no Dépor Training Center.As inscricións, abertas ata o martes 21 de xullo ás 14:00 ou ata completar aforo, e toda a información neste enlace.