
DÉPOR · 1 XULLO 2026
NIKE SERÁ O NOVO SPONSOR TÉCNICO DO RC DEPORTIVO A PARTIR DA TEMPORADA 2026-27
O RC Deportivo e Nike alcanzaron un acordo polo que a firma deportiva se converterá en sponsor técnico oficial da entidade blanquiazul durante as próximas cinco temporadas.A partir da campaña 2026-27, Nike vestirá a todos os equipos do Club, incluídos o primeiro equipo masculino, o Dépor ABANCA, o fútbol formativo e o Dépor Genuine.A incorporación dunha das marcas deportivas máis recoñecidas do mundo supón un importante impulso para a proxección do RC Deportivo.Este acordo chega nun momento especialmente relevante para o Club. Tras o seu regreso a Primera División e coincidindo coa celebración do seu 120 aniversario, o Deportivo afronta unha etapa marcada pola consolidación do seu proxecto deportivo e institucional e pola súa aposta por seguir medrando dentro e fóra do terreo de xogo.Un dos aspectos diferenciais desta nova etapa é o modelo de colaboración deseñado polo Club. O RC Deportivo negociou directamente con Nike e manterá unha relación directa coa marca, participando de forma activa no desenvolvemento das equipacións e tendo a última palabra sobre os deseños e todas as decisións estratéxicas relacionadas coa imaxe deportiva do Club.Pola súa banda, a compañía Fútbol Emotion asumirá a explotación das tendas oficiais, tanto físicas como online, a compra de produto para a súa comercialización, a personalización das equipacións e da roupa de adestramento, así como a xestión do material deportivo.Este modelo permite ao RC Deportivo manter o control sobre todos os aspectos estratéxicos vencellados á súa identidade e á experiencia do afeccionado, ao tempo que optimiza a xestión comercial e loxística grazas á especialización de Fútbol Emotion. Deste xeito, o Club evita asumir elevados custos fixos de estrutura, gaña eficiencia operativa e reforza a súa capacidade para seguir medrando de forma sostible.Alén das equipacións, Nike acompañará o Club na súa actividade diaria compartindo valores como a superación, a competitividade, o traballo en equipo e a procura constante da excelencia. Así mesmo, destaca o compromiso da marca co desenvolvemento do fútbol feminino, unha liña que encaixa coa firme aposta do RC Deportivo polo crecemento do Dépor ABANCA.Para o RC Deportivo, este acordo representa a unión de dúas marcas cunha identidade sólida e unha visión compartida de futuro e de crecemento a longo prazo.O Club inicia así unha nova etapa xunto a Nike co obxectivo de seguir fortalecendo o seu posicionamento e proxectando o nome do Deportivo, A Coruña e Galicia no fútbol nacional e internacional.

A RC Deportivo Fundación comparte o seu modelo de formación n...

Cedeira xa ten a punto a súa segunda edición do DéporCampus

AD Mérida - Fabril, primeiro partido en Primera Federación pa...

O Sevilla FC, primeiro rival do Dépor ABANCA na Liga F

O Dépor arrancará LaLiga EA Sports en ABANCA-RIAZOR ante o El...

Hugo Villaverde e David Carreira poñen fin á súa etapa no Clu...