
FUNDACIÓN · 1 XULLO 2026
A RC DEPORTIVO FUNDACIÓN COMPARTE O SEU MODELO DE FORMACIÓN NO PROXECTO EUROPEO EMPOWERING GRASSROOTS SPORT FOR INCLUSION AND DEVELOPMENT (EGSID)
A RC Deportivo Fundación acolleu na Coruña unha nova actividade do proxecto europeo EGSID (Empowering Grassroots Sport for Inclusion and Development), cofinanciado pola Unión Europea.Ao longo de 3 xornadas, profesionais procedentes da European University of Tirana, University of Elbasan, Pepa Football Academy e da Bulgarian Sports Development Association (BSDA) participaron nun Training Course deseñado para coñecer de primeira man o modelo de traballo desenvolvido pola nosa entidade.Durante o programa, as persoas participantes puideron descubrir a estrutura e organización de ANOSACANTEIRA, afondar na metodoloxía de adestramento aplicada nas diferentes etapas formativas, coñecer o uso do Big Data como ferramenta para a toma de decisións e analizar o funcionamento dos DéporCampus como referente na formación deportiva e educativa.As xornadas combinaron presentacións técnicas e visitas tanto ao Dépor Training Center como ao Depor Museo & Tour; así como espazos de intercambio de experiencias, favorecendo a aprendizaxe mutua entre as organizacións participantes e o fortalecemento da cooperación internacional no ámbito do deporte de base.


O Dépor viaxará a Hamburgo para medirse o 1 de agosto ao FC S...

Nike será o novo sponsor técnico do RC Deportivo a partir da ...

Cedeira xa ten a punto a súa segunda edición do DéporCampus

AD Mérida - Fabril, primeiro partido en Primera Federación pa...

O Sevilla FC, primeiro rival do Dépor ABANCA na Liga F

O Dépor arrancará LaLiga EA Sports en ABANCA-RIAZOR ante o El...