
DÉPOR · 1 XULLO 2026
O DÉPOR VIAXARÁ A HAMBURGO PARA MEDIRSE O 1 DE AGOSTO AO FC ST. PAULI NUN NOVO AMIGABLE DE PRETEMPORADA
O RC Deportivo continúa a perfilar o seu calendario de preparación para a temporada 2026-27 cun novo compromiso internacional.O conxunto branquiazul viaxará a Hamburgo para enfrontarse ao FC St. Pauli o vindeiro sábado 1 de agosto, nun encontro que se disputará a partir das 18:30 horas no Millerntor Stadion.A cita suporá unha nova proba de esixencia para o equipo no seu camiño cara ao inicio da competición oficial, ademais dunha oportunidade para medirse a un rival do fútbol alemán nun dos estadios con máis personalidade do país.O partido tamén terá un marcado compoñente histórico para o deportivismo. Será o regreso do Dépor á cidade de Hamburgo máis de un cuarto de século despois da súa última visita, que tivo lugar na temporada 2000-01, durante a fase de grupos da Liga de Campións.Naquela ocasión, o conxunto branquiazul empatou 1-1 fronte ao Hamburger SV nun encontro correspondente á máxima competición continental.Agora, o Dépor volverá pisar terras hamburgesas para seguir sumando minutos e sensacións nunha pretemporada que continúa tomando forma con rivais de entidade e escenarios de prestixio.Así pois, o calendario de partidos xa confirmados do Dépor é o seguinte:Real Oviedo - Deportivo, o sábado 25 de xullo ás 19:30 no Estadio Carlos Tartiere (Oviedo)Deportivo - CD Lugo, o mércores 29 de xullo ás 19:30 en A Magdalena (Vilalba)FC St Pauli - Deportivo, o sábado 1 de agosto ás 18:30 no Millerntor Stadion (Hamburgo)ACF Fiorentina - Deportivo, o xoves 6 de agosto ás 20:00 no Stadio Curva Fiesole, na cidade deportiva da ACF FiorentinaGenoa CFC - Deportivo, o sábado 8 de agosto no Stadio Luigi Ferraris, en horario pendente de confirmación

O primeiro gol de Nsongo Bil con Camerún chegou este sábado 3...

Resultados deste sábado 3 de outubro en ANOSACANTEIRA e calen...

As Nosas adestran de novo este domingo 4 de outubro ás 10:15 ...

O Dépor regresa ao horario do luns o 2 de novembro ante CA Os...

O Dépor ABANCA cae pola mínima ante o Atlético de Madrid, aín...

Un Fabril «dependendo do que requira o primeiro equipo» xoga ...