RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Comunicado oficial sobre David Mella

DÉPOR · 13 MARZO 2026

COMUNICADO OFICIAL SOBRE DAVID MELLA

O xogador do RC Deportivo David Mella viaxará nos próximos días a Madrid para someterse a unha nova avaliación médica da lesión no xeonllo esquerdo sufrida o pasado domingo, no encontro ante o Granada CF disputado en ABANCA-RIAZOR.As primeiras probas realizadas o pasado luns 9 de marzo confirmaron que o futbolista presentaba unha edema óseo no seu xeonllo esquerdo. No entanto, unha segunda exploración revelou que o alcance da lesión podería ser maior.Por este motivo, David Mella será valorado en Madrid polo doutor Manuel Leyes. Após a devandita avaliación, determinarase o tratamento a seguir e se o xogador debe someterse a unha intervención cirúrxica.