
DÉPOR FABRIL · 8 ABRIL 2026
DANI ESTÉVEZ ASEGURA QUE NO FABRIL "TEMOS OS PÉS NA TERRA" E QUE "AFRONTAMOS O PARTIDO CON NATURALIDADE"
O centrocampista Dani Estévez pasouse pola sala de prensa do Dépor Training Center.Asegura que o vestiario do Fabril "ten moita ilusión no partido do domingo" ás 12:00 () en ABANCA-RIAZOR ante a UD Ourense: "É un escenario moi bonito e esperamos o apoio de ANOSAFORZA".O centrocampista coruñés cre que o choque é "un reto, unha oportunidade moi bonita. Temos que afrontalo con ambición".Vaticina ante a UD Ourense "un partido difícil contra un rival da zona alta. Non nos van a pór as cousas fáciles. A eles gústalles ter o balón. Temos que saír a competir".Dani Estévez subliña que, con 9 puntos de vantaxe á fronte da clasificación a falta de 12 en xogo, "temos os pés na terra. Debemos de ir paso a paso. A fin de semana é un dos que temos que dar para tentar chegar ao obxectivo".Aínda que confesa que "hai ganas, afrontámolo con naturalidade".Pide a estas alturas da liga "ter cabeza aínda que non pensamos no obxectivo final senón en ir partido a partido. E aos poucos tentar gañar os máximos partidos".Finalmente Dani Estévez lembra que "a Segunda RFEF é tamén unha categoría difícil. Está a custarnos. Non tivemos partidos fáciles. Temos que ir a pasiños curtos e tentar gañar o próximo partido, o do domingo".

Germán Parreño amplía o seu vínculo co Dépor ata 2028

Resultados do sábado 6 de xuño en ANOSACANTEIRA; e calendario...

O concello de Outes retoma o seu DéporCampus este 2026 coa sú...

Desde ABANCA-RIAZOR até Cuatro Caminos: así vivimos a celebra...

Escudero, Cristian Herrera, 'Stoichkov', Mulattieri e Gragera...

Espe Pizarro e Uruguai non poden coa potente Colombia