
DÉPOR FABRIL · 18 XUÑO 2026
DESPEDIDAS NO FABRIL
O fútbol tamén está feito de despedidas. De momentos nos que os camiños se separan despois de compartir esforzo, soños e obxectivos comúns.Brais Suárez, Mario Hermo, Aarón Sánchez, Rubén Vilela, Quique Fernández, Jaime Garrido, Alioune Mane e Fabián Urzain non continuarán no Fabril a próxima temporada, poñendo fin a unha etapa que quedará ligada para sempre a unha das campañas máis exitosas da historia recente do filial deportivista.Todos eles formaron parte dun grupo que logrou algo extraordinario: conquistar o campionato de Segunda Federación e devolver ao Fabril a Primera Federación. Un éxito construído a base de traballo diario, compromiso, sacrificio e unha firme convicción no talento de ANOSACANTEIRA.Alén dos partidos disputados e dos resultados acadados, cada un deles contribuíu a fortalecer un vestiario que soubo representar con orgullo os valores do RC Deportivo dentro e fóra do terreo de xogo.O Club quere expresar o seu máis sincero agradecemento pola profesionalidade, a dedicación e o compromiso amosados durante a súa etapa como branquiazuis.Ademais, deséxalles a maior das sortes nos novos retos que emprendan, tanto no eido profesional como no persoal.Grazas polo voso traballo, pola vosa entrega e por defender este escudo con orgullo.

España, coas deportivistas Marisa e Ainoa Gómez no once inici...

O Dépor volve ao traballo este xoves 17 no Dépor Training Cen...

Primeira derrota do Dépor na liga nun partido ante o Sevilla ...

Calendario de ANOSACANTEIRA, co Fabril en Lezama e derbi en V...

O Deportivo disputará un amigable contra o FC Penafiel o venr...

Teun Gijselhart, cedido ao Al Ain