
DÉPOR ABANCA · 16 SETEMBRO 2026
ESPAÑA, COAS DEPORTIVISTAS MARISA E AINOA GÓMEZ NO ONCE INICIAL, SUPEROU ESTE MÉRCORES A PORTUGAL NOS OITAVOS DO MUNDIAL SUB-20
Foto: RFEF.esA selección española sub-20, na que militan as xogadoras do Dépor ABANCA Marisa García e Ainoa Gómez, enfrontouse este mércores 16 de setembro a Portugal nos oitavos de final do Campionato do Mundo da categoría.O encontro rematou con triunfo español por 2-0, resultado que mete a España nos cuartos de final.As dúas futbolistas branquiazuis saíron de inicio ante Portugal. Ainhoa xogou a primeira metade ata ser substituída por Cristina Librán, mentres que Marisa abandonou o campo no minuto 60.Precisamente a futbolista madrileña abriu o marcador aos 9 minutos de partido e suma xa 4 goles no torneo.O rival nos cuartos de final será Brasil, este sábado 19 de setembro ás 18:30 no Estadio Arena Sosnowiec.Marisa e Ainoa Gómez participaron nos 3 encontros da Primera Fase. Foron titulares ante Nixeria e Nueva Caledonia, mentres que xogaron na segunda metade no terceiro encontro ante a República Popular China.O calendario de partidos, cos resultados dos xa disputados, do combinado nacional no Mundial é o seguinte:Luns 7 de setembroESPAÑA 2 - NIXERIA 0Xoves 10 de setembroESPAÑA 11 - NUEVA CALEDONIA 0Domingo 13 de setembroREPÚBLICA POPULAR CHINA 1 - ESPAÑA 3Mércores 16 de setembroOitavos de finalESPAÑA 2 - PORTUGAL 0Sábado 19 de setembroCuartos de final18:20: BRASIL - ESPAÑA, no Estadio Arena Sosnowiec

O Dépor volve ao traballo este xoves 17 no Dépor Training Cen...

Primeira derrota do Dépor na liga nun partido ante o Sevilla ...

Calendario de ANOSACANTEIRA, co Fabril en Lezama e derbi en V...

O Deportivo disputará un amigable contra o FC Penafiel o venr...

Teun Gijselhart, cedido ao Al Ain

O Dépor enfróntase en ABANCA-RIAZOR ao Levante UD o venres 16...