
DÉPOR · 16 SETEMBRO 2026
O DEPORTIVO DISPUTARÁ UN AMIGABLE CONTRA O FC PENAFIEL O VENRES 25 DE SETEMBRO
O Deportivo e o FC Penafiel disputarán un partido amigable o vindeiro venres 25 de setembro, nun encontro que terá como escenario o Estadio 25 de Abril, en Penafiel, e que dará comezo ás 20:00 hora galega (19:00 hora local).O amigable enmárcase na relación que manteñen ambas as entidades e permitirá aos seus respectivos proxectos deportivos compartir unha xornada sobre o terreo de xogo, ademais de reforzar os vínculos institucionais existentes entre o RC Deportivo e o club portugués.Os abonados do RC Deportivo poderán adquirir 2 entradas a un prezo de 5 euros cada unha. O prezo para o público en xeral será de 10 euros.Para beneficiarse desta promoción, cada abonado deberá identificarse como tal durante o proceso de compra. As entradas para o partido poderanse adquirir a partir de mañá xoves 17 de setembro a través da plataforma oficial de venda, premendo nesta ligazón.Deste xeito, o encontro en Penafiel supón tamén unha oportunidade para que os deportivistas que se despracen a Portugal poidan acompañar o equipo e vivir xunto á afección local unha xornada de convivencia entre dous clubs unidos por unha relación institucional e deportiva.

O RC Deportivo participa na homenaxe a Federico Fernández Amo...

Antonio Hidalgo: "Temos ganas de estar coa nosa xente, sentir...

O Dépor arrinca o mes de novembro este luns 2 ás 21:00 horas ...

As Nosas regresan esta noite e adéstranse de novo o luns 2 de...

O Dépor ABANCA quedou ás portas de puntuar en Madrid cun equi...

Vitoria do Orzán SD Cadete no partido deste sábado 31 en ANOS...