RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Primeira derrota do Dépor na liga nun partido ante o Sevilla FC no que a expulsión de Angeliño «condicionouno todo»

DÉPOR · 16 SETEMBRO 2026

PRIMEIRA DERROTA DO DÉPOR NA LIGA NUN PARTIDO ANTE O SEVILLA FC NO QUE A EXPULSIÓN DE ANGELIÑO «CONDICIONOUNO TODO»

O Dépor caeu por 0-1 ante o Sevilla FC este mércores 16 de setembro en ABANCA-RIAZOR, nun partido correspondente á 6ª xornada de LaLiga EA Sports, o segundo encontro en 4 días.Esta primeira derrota na liga deixa a Os Nosos con 9 puntos na 7ª posición da táboa.Con Teun Gijselhart xa cedido ao Al Ain dos Emiratos Árabes, Antonio Hidalgo tivo o resto do seu cadro de xogadores á súa disposición.O técnico deportivista fixo 5 cambios respecto ao once de Getafe polos 3 partidos nunha semana.Altimira, Loureiro, Angeliño, Riki e Yeremay substituíron respectivamente a Ximo Navarro, Lucas Noubi, Quagliata, Casadó e Mario Soriano.Pola súa banda, o Sevilla FC, arroupado por case 1.000 afeccionados nas bancadas, chegaba na 6ª posición con 10 puntos, 1 máis que o Dépor.O partido arrincou con alternativas nas dúas áreas, aínda que sen perigo.Ao cuarto de hora, Miguel Sierra avanzou ata a frontal da área, pero o seu disparo acabou nas mans dun ben situado Leo Román.Intentábao o Dépor, pero sen precisión na zona de tres cuartos para poñer a proba o gardameta Odysseas.Pasada a media hora, o Sevilla FC volveu achegarse cun disparo raso e cruzado de Agoumé, sen consecuencias.Respondeu Bil aos 40 minutos nunha longa xogada de ataque deportivista. O seu remate raso á media volta atrapouno Odysseas.Co empate sen goles chegouse ao descanso.O técnico deportivista viu unha primeira parte "moi igualada na que non pasaron demasiadas cousas. É certo que non estivemos cómodos".Tras o paso polos vestiarios, Adama substituíu a Bil e "saímos moitísimo mellor. Encerramos o Sevilla FC no seu campo", apuntou.Pero o Sevilla FC adiantouse no marcador nun contragolpe que culminou Miguel Sierra tras un rexeitamento de Leo Román a un primeiro disparo de Stassin.Coa vantaxe no marcador, os andaluces situáronse en campo propio á espera doutro contragolpe.O técnico deportivista deu entrada a Mario Soriano e Asp Jensen por Riki e Yeremay.O partido púxoselle xa definitivamente de cara ao Sevilla FC cando o colexiado do encontro, o canario Alejandro José Hernández, expulsou con vermella directa a Angeliño por unha entrada por detrás a Miguel Sierra no minuto 58.Tocaba remar co marcador en contra e con 10."Intentamos modificar diferentes situacións. Seguimos vivos no partido ata o final. Hai que destacar o traballo que fixeron, pero a expulsión condiciónao todo", opinou o adestrador do Dépor na sala de prensa.A pesar da inferioridade numérica, o Dépor non se rendeu. Asp Jensen puxo a proba a Odysseas nunha boa xogada de ataque iniciada por Adama.Tras o saque de esquina, de novo o danés recolleu o rexeitamento da defensa andaluza, pero o seu remate, despois de tocar nun defensor, acabou nas mans do porteiro sevillista.Eran os mellores momentos do Dépor.Mesmo Leo Román se sumou á festa ao gañarlle co pé un man a man a Stassin.O Sevilla FC tratou de baixar o ritmo do partido con posesións longas. E conseguiuno.De feito, Antonio Hidalgo viu "un chisco máis de frescura nas accións de un contra un... Intentámolo con todo, pero ese gol non chegou".

Con 0-1 concluiu o partido e os 3 puntos fóronse para Sevilla.Deportivo: Leo Román, Altimira, Giménez (Eddahchouri, min. 83), Loureiro, Angeliño, Amatucci, Riki (Mario Soriano, min. 58), Luismi Cruz (Quagliata, min. 61), Yeremay (Asp Jensen, min. 58), Bil (Adama, min. 46) e AubameyangSevilla FC: Odysseas, Iglesias, Kike Salas, Castrín, Agoumé, Suazo, Guridi (Julio Díaz, min. 82), Stassin (Isaac, min. 76), Félix (Kochorashvili, min. 82), Fofana e Miguel Sierra (Robbie Ure, min. 92)Árbitro: Alejandro José Hernández, do comité canario. Amoestou a Kike Salas (min. 65), Amatucci (min. 77) e Guridi (min. 80). Expulsou con vermella directa a Angeliño (min. 58) a instancias do VARGoles: 0-1 Miguel Sierra (min. 52)Incidencias: partido disputado en ABANCA-RIAZOR ante 28.506 espectadores. Gardouse un minuto de silencio en memoria de Antonio González, abonado número 34 do RC Deportivo