RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Duelo de filiais este domingo 20 ás 12:00 en Lezama entre o Athletic Club B e un Fabril que non quere «crerse máis agora»

DÉPOR FABRIL · 19 SETEMBRO 2026

DUELO DE FILIAIS ESTE DOMINGO 20 ÁS 12:00 EN LEZAMA ENTRE O ATHLETIC CLUB B E UN FABRIL QUE NON QUERE «CRERSE MÁIS AGORA»

O Fabril mídese a outro filial, o Athletic Club B, este domingo 20 de setembro ás 12:00 (Fan Play TV) en Lezama, nun partido correspondente á 4ª xornada en Primera Federación.O conxunto fabrilista, tras a vitoria da pasada fin de semana ante a SD Ponferradina en ABANCA-RIAZOR, é 10º na táboa con 4 puntos.En rolda de prensa, Manuel Pablo recoñece que «as vitorias recompensan o que estabamos facendo, pero tampouco nos teñen que confundir nin facer que agora nos creamos máis».Insiste en que en Primera Federación «todos os partidos son moi competidos».

manuelpablo0919.jpg

O técnico fabrilista confirma que o equipo ten "as mesmas baixas que o outro día. Non recuperamos a ninguén nin nas próximas semanas, supoño. Agardamos non perder a ninguén máis".É dicir, non estarán dispoñibles os xa confirmados Manu Serrano, Damián Canedo, Manu Ferreiro, Noé, Dipanda e Jairo.Pola súa banda, o Athletic Club B, que a pasada semana superou o Pontevedra CF por 1-3, é 2º na táboa con 7 puntos."Está facendo as cousas moi ben, xoga moi ben e vainos esixir outra vez dar o máximo. Nesas temos que ir", advertiu Manue Pablo.Esta campaña o filial branquivermello venceu o Real Avilés Industrial (2-1) no seu único partido ata a data en Lezama.

rubenlopez0919.jpg