
DÉPOR · 19 SETEMBRO 2026
O DÉPOR RECIBE ESTE DOMINGO 20 DE SETEMBRO A UN REAL BETIS DE 'CHAMPIONS', CONSCIENTE DE QUE "É IMPORTANTE A ENERXÍA PARA MAÑÁ"
O Dépor xogará o seu terceiro partido nos últimos 7 días este domingo 20 de setembro ás 18:30 (Dazn) en ABANCA-RIAZOR ante o Real Betis, nun encontro correspondente á 7ª xornada de LaLiga EA Sports.Na rolda de prensa previa, Antonio Hidalgo desvelou que "fisicamente estamos tentando recuperar a xente da mellor maneira posible. A iso sumóusenos un proceso vírico nalgúns xogadores. Imos ver como evolucionan de cara ao partido".Os Nosos chegan tras a primeira derrota da temporada, sufrida o pasado mércores 16 de setembro ante o Sevilla FC en ABANCA-RIAZOR, con 9 puntos na 7ª posición.O técnico deportivista lembra que, a nivel mental, o vestiario "está ben. É Primera División. Foi un partido competido. Analizamos situacións e hai que mellorar para mañá".Con todo, subliña que, para o once inicial ante os béticos, "imos ver como recuperan, como se atopan, como evolucionan".Advertiu que "é importante a enerxía para mañá. Visítanos un equipo de 'Champions', moi ben traballado, con moitísimo talento, con moitísima determinación no último terzo; e necesitamos ese plus de enerxía que nos dea esa frescura cos xogadores que poñamos no once".O encontro ante o Real Betis será xusto antes dun longo parón ligueiro de 2 semanas polos compromisos das seleccións nacionais.Antonio Hidalgo confesa que "é algo novo para min e para todo o mundo. En Segunda División non tiñamos esta situación. É demasiado tempo e demasiado longo, pero está montado así. Tampouco podemos facer moito máis".Neste período, Nsongo Bil, José María Giménez, Lucas Noubi e Bright Ede estarán concentrados coas súas seleccións, nalgúns casos con viaxes extenuantes, como Giménez a Xapón, Corea del Sur e a India.Os Nosos realizaron este sábado 19 de setembro no Dépor Training Center a última sesión antes do partido.O corpo técnico dispuxo, tras unha activación con finalizacións, un ensaio de accións a balón parado, un partido e un exercicio de centros laterais e remates.É baixa para o encontro Angeliño, sancionado cun partido de suspensión pola súa expulsión ante o Sevilla FC.

Pola súa banda, o Real Betis, que esta temporada xoga a Champions League, preséntase en ABANCA-RIAZOR acompañado por uns 500 afeccionados e situado na 3ª posición de LaLiga EA Sports con 15 puntos.Até o momento, lonxe de Sevilla, os verdibrancos gañaron ao Valencia CF (0-1) e ao Villarreal CF (1-2); e caeron ante o Levante UD (5-2).En rolda de prensa, o seu técnico, Manuel Pellegrini, espera "primeiro un partido moi complicado, como son todos os da liga española, moito máis cando se xoga como visitante. E terceiro porque (o Dépor) xoga ben ao fútbol, é máis creativo que destrutivo".Por conseguinte, considera que o seu equipo "ten que estar atento cando eles teñan o balón, ter unha recuperación de alta intensidade".O adestrador chileno destacou a Aubameyang, que "vén marcando moitísimos goles, así que temos que estar moi concentrados defensivamente e, co balón, buscar facerlles dano".Finalizado o partido, o Dépor adestrarase de novo o luns 21 de setembro ás 10:30 no Dépor Training Center.


Listaxe de dorsais do Dépor ABANCA para a temporada 2026-27

Duelo de filiais este domingo 20 ás 12:00 en Lezama entre o A...

Marisa e Ainoa Gómez, que «están a facer un moi bo papel», en...

Manuel Pablo: "Esta categoría, aínda que lle gañásemos á SD P...

Bright Ede, convocado por Polonia sub-21 para dous partidos a...

Calendario de ANOSACANTEIRA feminina, co Dépor ABANCA B - Rea...