
DÉPOR · 13 DECEMBRO 2025
"DURA" DERROTA ANTE A REAL SOCIEDAD B DUN DÉPOR QUE TIVO "OCASIÓNS DE TODO TIPO"
O Dépor caeu por 0-3 ante a Real Sociedad B este sábado 13 de decembro en ABANCA-RIAZOR, nun encontro no que "fixemos todo o posible por levarnos o partido, con ocasións de todo tipo".O encontro estaba fixado inicialmente para o domingo 14 de decembro ás 14:00 pero debido ao sorteo de Copa del Rey e ao emparellamento co RCD Mallorca o martes 16, LaLiga adiantou o choque ante os realistas para respectar o descanso entre partidos.Con este resultado, o Dépor queda con 32 puntos provisionalmente na segunda posición, á espera dos partidos da UD Almería (32 puntos) e UD Las Palmas (30 puntos).Causaron baixa para o encontro os lesionados Ximo Navarro, Escudero e Bachmann; ademais dos sancionados Lucas Noubi e Villares.Si recuperou o equipo a Luismi Cruz, que arrincou no banco e saltou ao céspede na segunda metade.O internacional sub-19 Samu, Quique Teijo e Noé foron os representantes de ANOSACANTEIRA na convocatoria.Pola súa banda, a Real Sociedad B presentouse en ABANCA-RIAZOR na 18ª posición con 18 puntos, todos eles gañados no seu campo.A primeira gran ocasión do encontro foi para Yeremay. Plántase só ante a meta Fraga, o dibra pero, demasiado escorado, o seu remate non colle portería por moi pouco.Tapou ben a Real os espazos e o Dépor volveu xutar a porta á media hora: Quagliata ás mans de Fraga.Pouco despois, Mario Soriano peiteaba un balón na área após un centro desde a dereita. Fraga salvou in extremis un gol cantado.Antonio Hidalgo apunta que "o inicio de partido foi bo pero cando mellor estabamos chegou ese gol".A Real Sociedad B adiantouse no marcador no minuto 35 nunha veloz transición que resolveu Carrera con acerto no man a man ante Germán."A primeira parte non a terminamos ben", admitiu o técnico deportivista.Con 0-1 chegouse ao descanso.Após o paso polos vestiarios, o Dépor volve "saír ben, con ocasións clarísimas".Antonio Hidalgo dá entrada a Eddahchouri por Patiño. E o holandés xa disparou a porta no minuto 61, ás mans de Fraga.Aos 63 minutos, de novo o porteiro Fraga salva un disparo de Mella que se coaba nun contragolpe.Empezaba a apertar o Dépor, que por momentos encerraba ao seu rival na área.Quagliata, de cabeza, obriga a intervir a Fraga, xa o mellor do seu equipo segundo o adestrador do Dépor.Antonio Hidalgo mete máis artillaría no campo coa entrada de Mulattieri e Luismi Cruz por Stoichkov e Quagliata.Pero a Real Sociedad B golpeou de novo aos 76 minutos. Balda, desde moi lonxe, sorprende a Germán e sobe o segundo."Ese gol fíxonos moito dano", afirmou o preparador deportivista na sala de prensa.O conxunto vasco sentenciou o partido no minuto 79 grazas a Gorosabel, após regatear na área e bater por baixo á meta deportivista.Antonio Hidalgo cualificou a derrota como "dura" e pide "velo todo con perspectiva. Hai que o cómputo de puntos nestas 18 xornadas. Seguimos dentro do obxectivo marcado".Deportivo: Germán, Loureiro, Arnau, Dani Barcia, Quagliata (Luismi Cruz, min. 72), Patiño (Eddahchouri, min. 56), Jose Ángel, Mario Soriano, Yeremay, Mella (Rubén López, min. 82) e Stoichkov (Mulattieri, min. 72)Real Sociedad B: Fraga, Balda (Gorosabel, min. 72), Peru Rodríguez (Calderón, min. 80), Ochieng (Marchal, min. 68), Carbonell (M. Rodríguez, min. 68), Kita, Astiazarán, Carrera, Garro, Eceizabarrena e Aguirre (Mariezkurrena, min. 80)Árbitro: Alfonso de Ena, do comité aragonés. Amoestou a Peru Rodríguez (min. 1), Carreira (min. 18), Balda (min. 41) e Fraga (min. 69)Goles: 0-1 Carreira (min. 35); 0-2 Balda (min. 76); 0-3 Gorosabel (min. 79)Incidencias: Yeremay Hernández recolleu de mans do conselleiro do Club Benito Couceiro o trofeo que o acredita como mellor xogador de LaLiga Hypermotion o mes de novembro. Asistiron ao partido en ABANCA-RIAZOR 19.459 espectadores

O Dépor visita este domingo 24 de maio ás 18:30 o Real Vallad...

O Alevín A iniciou este venres 22 na Arousa F7 unha nova fin ...

A RC Deportivo Fundación desenvolve en Cerceda unha nova acti...

Antonio Hidalgo: "Temos o privilexio de poder loitar por algo...

O Dépor insiste este venres no Dépor Training Center "no que ...

CONVOCATORIA DE XUNTA XERAL EXTRAORDINARIA DE ACCIONISTAS