RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
O Dépor insiste este venres no Dépor Training Center "no que queremos facer e nas situacións que temos que controlar"

DÉPOR · 22 MAIO 2026

O DÉPOR INSISTE ESTE VENRES NO DÉPOR TRAINING CENTER "NO QUE QUEREMOS FACER E NAS SITUACIÓNS QUE TEMOS QUE CONTROLAR"

O Dépor completou este venres 22 de maio, nunha mañá calorosa, un novo adestramento no Dépor Training Center "coa máxima tranquilidade posible sabendo que hai unha ilusión tremenda na cidade. Nótase no día a día pero é un partido máis da categoría cun rival que nos vai poñer as cousas difíciles", tal e como apuntou Antonio Hidalgo.De feito, albisca este domingo 24 de maio ás 18:30 (LaLiga TV Hypermotion) no Estadio José Zorrilla un partido "moi igualado. Eles melloraron en todas as facetas desde a chegada de Fran Escribá. E preparando o partido como unha semana máis".O técnico deportivista confirmou que para o encontro "só temos a baixa de David Mella. O resto do cadro adestrou con normalidade durante o resto da semana. Temos todos os efectivos para o domingo".Bil, Noé e Samu foron os representantes de ANOSACANTEIRA, que tamén viaxarán co primeiro equipo a Valladolid, segundo confirmou o preparador deportivista na sala de prensa.

20260522_cristianherrera.jpg

Tras unha activación con rondos, o corpo técnico dispuxo dunha tarefa de ataque e defensa, e un ensaio de accións a balón parado."Intentamos incidir no que queremos facer e nas situacións que temos que controlar. Sabemos o que nos xogamos, contra un rival que nos porá as cousas moi complicadas, e ir xestionando eses momentos", apuntou Antonio Hidalgo ante os medios informativos.Este sábado 23 de maio, Os Nosos realizarán a última sesión antes do partido no Dépor Training Center a partir das 11:30 para, ao concluír, partir de viaxe por estrada a Valladolid.

  • 20260522_escudero.jpg
  • 20260522_mulattieri.jpg
  • 20260522_stoichkov.jpg
  • entreno depor-2.jpg
  • 20260522_german.jpg