
DÉPOR · 22 MAIO 2026
ANTONIO HIDALGO: "TEMOS O PRIVILEXIO DE PODER LOITAR POR ALGO INCRIBLE"
Antonio Hidalgo manifestou na sala de prensa do Dépor Training Center que este domingo 24 de maio ás 18:30 (LaLiga TV Hypermotion) no Estadio José Zorrilla "temos o privilexio de poder loitar por algo incrible, que a principio de temporada nos marcamos como posible obxectivo. Ao final temos o privilexio de ter esa presión, esa tensión... A partir de aí gozalo tamén".Admite que "hai ilusión por parte de todo o mundo pero tamén con esa dose de ter cabeza, de saber o que temos que facer en cada momento".Confesa que soña "con preparar o partido da mellor maneira posible, de transmitir todo o que podemos facer no partido do domingo. É un partido máis da categoría, sabendo que gañando tes o obxectivo. Estamos coa máxima ilusión".O técnico deportivista pide "ter moita paixón, moita ilusión pero o máis importante é a cabeza: saber o tipo de partido que queremos xogar, como queremos xogalo, onde estarán os momentos de vantaxe, os momentos de sufrimento, pasalos xuntos. Hai que xuntar todo iso para sacar os 3 puntos".Finalmente Antonio Hidalgo conclúe que son "moitos meses, moitas semanas de tensión, de presión e tes que levalo. Forma parte do cargo pero ten o seu proceso de goce".

O Dépor insiste este venres no Dépor Training Center "no que ...

CONVOCATORIA DE XUNTA XERAL EXTRAORDINARIA DE ACCIONISTAS

Espe Pizarro enfróntase neste mes de xuño a Colombia e Venezu...

A Fan Zone da explanada de Riazor volverá ser o punto de enco...

Sergio Escudero ve clave en Valladolid "seguir facendo as cou...

O Dépor repasa o plan para "un partido moi difícil" pero coa ...