
FUNDACIÓN · 22 MAIO 2026
A RC DEPORTIVO FUNDACIÓN DESENVOLVE EN CERCEDA UNHA NOVA ACTIVIDADE DO PROXECTO EUROPEO 'HER FOOTBALL FUTURE'
O fútbol feminino continúa dando pasos cara adiante e medrando con forza grazas a iniciativas que impulsan a formación, a participación e o desenvolvemento de novas xeracións de futbolistas.A RC Deportivo Fundación celebrou en Cerceda unha nova actividade enmarcada dentro do proxecto europeo Her Football Future, unha iniciativa cofinanciada pola Unión Europea que aposta polo crecemento do fútbol feminino a través da aprendizaxe, da convivencia e da igualdade de oportunidades dentro do deporte.Ao longo da xornada, as participantes gozaron dun día cheo de fútbol, formación e experiencias compartidas nun ambiente dinámico, participativo e enriquecedor. A través de diferentes actividades e exercicios, as xogadoras puideron seguir desenvolvendo as súas habilidades deportivas, reforzar valores como o compañeirismo e continuar medrando tanto dentro como fóra do terreo de xogo.Alén do aspecto competitivo, encontros coma este permiten crear espazos onde o deporte se converte nunha ferramenta de unión, confianza e motivación para todas as mozas que forman parte desta iniciativa.A RC Deportivo Fundación continúa traballando sen desmaio para impulsar o deporte feminino e fomentar proxectos que contribúan ao crecemento do fútbol desde unha perspectiva inclusiva e formativa.

Antonio Hidalgo: "Temos o privilexio de poder loitar por algo...

O Dépor insiste este venres no Dépor Training Center "no que ...

CONVOCATORIA DE XUNTA XERAL EXTRAORDINARIA DE ACCIONISTAS

Espe Pizarro enfróntase neste mes de xuño a Colombia e Venezu...

A Fan Zone da explanada de Riazor volverá ser o punto de enco...

Sergio Escudero ve clave en Valladolid "seguir facendo as cou...