
DÉPOR FABRIL · 17 OUTUBRO 2026
DURO CASTIGO DO CD LUGO AO FABRIL PORQUE «NON TIVEMOS CONTINUIDADE NO QUE VIÑAMOS FACENDO»
O Fabril caeu (3-0) este sábado 17 de outubro no seu segundo derbi consecutivo en Primera Federación.Despois da derrota pola mínima (0-1) ante o Racing de Ferrol do pasado sábado en ABANCA-RIAZOR, tocou visitar o líder, o CD Lugo, no Anxo Carro, nun encontro correspondente á 8ª xornada."Non tivemos continuidade no que viñamos facendo. Eles son un equipo con moita calidade, do mediocampo cara arriba, e se os deixas pensar...", resumiu Manuel Pablo.Con este resultado, o filial queda con 8 puntos na 16ª posición, á espera do resto da xornada.Foron baixa por lesión Álex Marqués, Jairo, Dipanda, Damián Canedo e Manu Serrano.Pola contra, Manuel Pablo recuperou a Manu Ferreiro, que comezou o encontro no banco; e aos 4 futbolistas que onte estiveron no banco do Dépor no seu partido ante o Levante UD e que foron titulares no Anxo Carro: Noé, Kevin Sánchez, Martín Ochoa e Yayo.Comezou apertando o CD Lugo, pero o primeiro susto foi aos 6 minutos para a portería lucense defendida polo ex deportivista Marc Martínez. Rubén puxo un centro á cabeza de Martín Ochoa. O balón marchou rozando o pau dereito da portería do CD Lugo.Os locais intentábano sobre todo a base de accións a balón parado, como faltas ou saques de esquina.Aos 21 minutos, Mo Dauda cruzou en exceso un bo pase raso desde a banda dereita.Por momentos apertaba o CD Lugo, que chegaba ao encontro con moita confianza no máis alto da clasificación."Custounos arrincar, saíron con máis determinación ca nós. Estivemos medorentos co balón, con perdas no noso campo", admitiu o preparador blanquiazul.Co paso dos minutos, o Fabril conseguiu afastar os branquivermellos da área a base de posesións longas."Pouco a pouco fomos igualando o partido. Estaba equilibrado e cun ritmo alto", apuntou o adestrador de El Fabril na sala de prensa.Superada a media hora de xogo, de novo Mo Dauda, despois dunha boa acción de Arturo Palma, puxo a proba a Hugo Ríos cun remate raso que o capitán fabrilista sacou co pé.Na outra área, tras unha mala saída de balón do CD Lugo, Martín Ochoa púxolle o balón en bandexa a Kevin Sánchez, cuxo remate de cabeza sacou Marc Martínez cunha gran parada.Adiantouse o CD Lugo nun erro defensivo fabrilista que aproveitou Chiqui para superar a pracer a Hugo Ríos, que saíra da súa portería."Prexudicounos moito", recoñeceu Manuel Pablo.Con todo, a última ocasión da primeira parte foi para o filial nunha acción persoal de Martín Ochoa, que a duras penas gañou a liña de fondo, pero o seu remate foi taponado por unha muralla de defensores lucenses.Co 1-0 chegouse ao descanso.

Tras o paso polos vestiarios, "saímos ben os primeiros 5, 10 minutos".Así, Guerrero gaña a liña de fondo e o seu centro á área remátao en posición forzada Martín Ochoa. O balón marcha lixeiramente desviado.No minuto seguinte, de novo Guerrero gáñalle en velocidade ao seu par, recórtao na área e o seu disparo sácao baixo paus o central Kike Hermoso."A partir de aí volvemos ter perdas, corréronnos moito aos espazos e tiveron moitas situacións", afirmou Manuel Pablo.Mo Dauda enviou alto un remate franco diante de Hugo Ríos.De novo Mo Dauda controla no minuto 56 un balón co peito na área e chuta fóra con todo a favor. Perdoou o CD Lugo o segundo.A mala noticia para o Fabril foron as molestias nos isquiotibiais de Noé, obrigado a abandonar o campo á hora de partido.Manuel Pablo aproveitou para dar entrada a Koke, Mardones e Álvaro Fraga polo citado Noé, Yayo e Ferrán Seco.Case na xogada seguinte, Koke, con todo a favor, chutou lixeiramente desviado na frontal da área.As ocasións sucedíanse. Arturo Palma, nun roubo de balón lucense, sacou unha volea que marchou lambendo o longueiro no minuto 66.Pouco despois, Mo Dauda marcha por velocidade da defensa fabrilista e, só ante Hugo Ríos, manda o balón alto.Co Fabril coas liñas adiantadas, o CD Lugo sentenciou o encontro cun gol de Godoy que, libre de marca ante Hugo Ríos, lle pica a pelota ante a saída á desesperada do gardameta fabrilista.Puido recortar diferenzas Koke na recta final, pero o seu chut foise alto por moi pouco.Os últimos minutos deixaron a boa noticia do regreso de Manu Ferreiro á competición ao substituír a Guerrero no minuto 84."Xa levaba semanas adestrando. É un xogador que ten que ser importante, pero vén de moitos meses de lesión, igual que Noé, que parece que o imos perder outra vez. Hai xogadores que teñen que ser importantes e non os estamos tendo. Estamos intentando competir, fáltanos un pouco de regularidade. O outro día conseguímolo. Hoxe tamén era un equipo complicado", reflexionou o técnico fabrilista.O partido concluíu cun terceiro gol lucense no minuto 94, obra de Pere Haro, que rematou só no segundo pau coa defensa fabrilista xa desordenada.O próximo sábado 24 de outubro ás 13:00 visita ABANCA-RIAZOR o CD Extremadura.

CD Lugo: Marc Martínez, Pere Haro, Pol Moreno, Mo Dauda (Godoy, min. 70), Álex Gallar (Kevin Presa, min. 63), Pablo Parrilla, Arturo Palma (Guille Berzal, min. 70), Chiqui (Simón Luca, min. 81), Kike Hermoso, Rufo e Alberto Ulloa (Antonio Perera, min. 81)Fabril: Hugo Ríos, Quique Teijo, Samuel, Ferrán Seco (Koke, min. 61), Xabi, Rubén López, Yayo (Álvaro Fraga, min. 61), Guerrero (Manu Ferreiro, min. 83), Noé (Mardones, min. 61), Kevin Sánchez e Martín Ochoa (Domínguez, min. 83)Árbitro: Álvaro Juncal Moreira, do comité galego. Amoestou a Yayo (min. 3), Alberto Ulloa (min. 26), Ferrán Seco (min. 27), Kevin Sánchez (min. 38), Álex Gallar (min. 57), Quique Teijo (min. 73), Pol Moreno (min. 79) e Pere Haro (min. 87)Goles: 1-0 Chiqui (min. 40); 2-0 Godoy (min. 76); Pere Haro (min. 94)Incidencias: partido disputado no Estadio Anxo Carro ante 3.262 espectadores


Os abonados e abonadas xa poden retirar a súa invitación obri...

O Dépor ABANCA mídese á SD Eibar este domingo 16 en Ipurúa co...

O Dépor, xa desde este sábado 17 «a seguir traballando. Queda...

Diego Villares: "Dános a impresión de que se nos escapan dous...

Antonio Hidalgo: "Facemos moitas cousas ben, pero os nosos pr...

Manuel Pablo pide en Lugo «estar implicados ao máximo, estar ...