
FUNDACIÓN · 6 XUÑO 2026
O CONCELLO DE OUTES RETOMA O SEU DÉPORCAMPUS ESTE 2026 COA SÚA 4ª EDICIÓN
Tras a parada no verán de 2025 polas obras no Campo Municipal de O Conchido, este 2026 Outes recupera o seu DéporCampus, que acada a 4ª edición en colaboración co Outes CF.No acto de presentación no campo de fútbol de O Conchido participaron Francisco Calo, alcalde de Outes; Jose A. Caamaño, concelleiro de deportes; Carlos Romero, coordinador de fútbol base do Outes CF; e Sergio Maurente Brañas, coordinador dos DéporCampus.A actividade desenvolverase do luns 22 de xuño ao venres 26 de xuño (o día 24 de xuño con normalidade) en horario de 10:00 a 14:00.Está dirixida a nenos e nenas entre 6 e 14 anos (nados entre 2020 e 2012, ambos incluídos) con independencia do seu nivel de práctica ou experiencia.Os adestradores e adestradoras da canteira do RC Deportivo implantarán a metodoloxía de adestramento que os equipos da base realizan no Dépor Training Center.Entre os exercicios están os seguintes:-Circuitos coordinativos.-Xogos de relación con balón.-Habilidade con balón.-Desafíos técnicos.-Xogos de posición.-Partidos reducidos ou minipartidos.-Xogo real, cunha competición en formato de liga interna.Máis información e inscricións neste enlace.

O RC Deportivo habilita unha opción online para a renovación...

Primeiro día de Jonathan Asp Jensen no Dépor, con dobre sesió...

Teun Gijselhart, na súa presentación, fala do Dépor como "un ...

Os dous primeiros partidos do Dépor en LaLiga EA Sports, ante...

O RC Deportivo presenta a súa segunda equipación para a tempo...

O xuvenil deportivista Nico Balbas xogará con Honduras sub-20...