
DÉPOR ABANCA · 3 OUTUBRO 2026
O DÉPOR ABANCA CAE POLA MÍNIMA ANTE O ATLÉTICO DE MADRID, AÍNDA QUE DEMOSTRA QUE «NOS DÁ PARA COMPETIR DE TI A TI COS EQUIPOS IMPORTANTES DA CATEGORÍA»
O Dépor ABANCA non puido (1-2) este sábado 3 de outubro en ABANCA-RIAZOR co Atlético de Madrid, en partido correspondente á 6ª xornada da Liga F.Con este resultado, As Nosas quedan con 5 puntos na 13ª posición da táboa.Alberto Rodríguez asegurou na rolda de prensa posterior ao partido que "dános para competir de ti a ti cos equipos importantes da categoría".As Nosas recuperaron a Marisa García e Ainoa Gómez, flamantes campioas do mundo sub-20.Así pois, unicamente Tarazona e Eva Alonso perderon o partido por lesión.Carla Castiñeyras foi a representante de ANOSACANTEIRA.Comezou apertando o Atlético, cunha presión alta.Celia Segura, que gaña a liña de fondo, estrelou o balón no lateral da rede e, ao minuto, Fiamma chutou lixeiramente alto.O control do xogo era rojiblanco, aínda que As Nosas non pasaban excesivos apuros.Pasado o cuarto de hora, un disparo á media volta de Jensen marchou desviado.Aos 21 minutos, de novo Jensen rematou alto un bo pase ao espazo de Celia Segura.Respondeu Michi Apóstol cunha xogada individual pola banda dereita, pero o seu centro-chut non atopou portería.Insistía o Atlético.No minuto 28, Otermín chutou desde moi lonxe e o balón, tras tocar nunha defensora deportivista, marchou rozando o pau esquerdo da portería de Inês Pereira.Adiantáronse as madrileñas no minuto 40 nunha acción rápida na que Otermín asistiu a Gio, quen, libre de marca, só tivo que empurrar o balón á rede.Co 0-1 chegouse ao descanso.

Tras o paso polos vestiarios, Alberto Rodríguez deu entrada a Ainoa, que debutaba así co Dépor ABANCA, por Sofía Domínguez.No minuto 54, Inês Pereira salvou o segundo tanto do Atlético ao despexar coa cara un man a man ante Fiamma tras unha mala saída de balón deportivista.Case na xogada seguinte, Gio disparou fóra por pouco.Puido empatar o Dépor ABANCA nun disparo franco de Olaya que bateu nunha defensora e Lucía Pardo, en boca de gol, non chegou por moi pouco. A atacante lucense só tiña que empurrar a pelota.As Nosas lanzáronse a polo Atlético, que non conseguía sentenciar o partido co seu segundo gol.Espe Pizarro e Paula Hernández saltaron ao céspede por Redru e Lucía Pardo; e pouco despois Lucía Rivas por unha esgotada Michi Apóstol.Aos 70 minutos, Jensen disparou ás mans de Inês Pereira.O Dépor ABANCA logrou empatar no minuto 71. Vega puxo un centro á cabeza de Espe Pizarro, que cruzou o balón lonxe do alcance da porteira branquivermella Lola Gallardo.O preparador blanquiazul cre que "desgastámonos moito na presión ata que empatamos".Na outra área, Jensen, case en boca de gol, non logrou rematar un centro raso desde a banda dereita no minuto 73.O partido entrou na recta final aberto, igualado e con opcións para os dous equipos.Pero o Atlético marcou o segundo no minuto 82 nun contragolpe de manual tras un saque de esquina a favor do Dépor ABANCA. Fiamma resolveu regateando a Inês Pereira e marcando a pracer.O adestrador do Dépor ABANCA lamenta que "non fomos quen de xestionar mellor a media hora que faltaba. É moi difícil parar o equipo con esas boas inercias de recuperar e correr".De aí ao final apertou o Dépor ABANCA, que por momentos encerrou o Atlético na súa área."Fomos quen de, cando lles quitamos a pelota, facelas sufrir", destacou o técnico coruñés.A pesar das continuas chegadas blanquiazules, só cómpre destacar, xa no longo desconto, un forte disparo de Vega que foi ás mans de Lola Gallardo."No global fixemos un bo partido", concluíu Alberto Rodríguez, que insiste en que "xa van unha serie de partidos suficientes para decatármonos dese equilibrio que temos que atopar entre facer grandes partidos e introducir pequenos axustes importantes que esta categoría non perdoa".Deportivo ABANCA: Inês Pereira, Caracas (Paula Novo, min. 79), Barth, Adri, Vega, Redru (Espe Pizarro, min. 62), Olaya, Sofía (Ainoa, min. 46), Michi A. (Lucía Rivas, min. 68), Lucía Pardo (Paula Hernández, min. 62) e MilleneAtlético de Madrid: L. Gallardo, Lucía, Lauren L., Xenia (Viola, min. 79), Jensen (Gabi Nunes, min. 84), Fiamma, R. Otermín, Natalia, Celia Segura (Allegra, min. 66 e Alexia min. 79), Gio e Csiszár (Zubieta, min. 66)Árbitra: Arantxa Gallastegui, do comité vascoGoles: 0-1 Gio (min. 40); 1-1 Espe Pizarro (min. 71); 1-2 Fiamma (min. 82)Incidencias: partido disputado en ABANCA-RIAZOR ante 1.228 espectadores. Rendeuse homenaxe ás campioas do mundo sub-20: Marisa García e Ainoa Gómez. Actuaron nos prolegómenos as pandeireteiras do grupo de baile Santaia de Santa Cruz


Un Fabril «dependendo do que requira o primeiro equipo» xoga ...

Aberto o prazo de solicitude de entradas para o partido ante ...

Michi Apóstol xogará dous partidos con Venezuela fronte a Col...

Amigable para Nsongo Bil este sábado 3 de outubro en Costa de...

Calendario en ANOSACANTEIRA feminina, co Dépor ABANCA B o dom...

Este sábado 3 de outubro abren os despachos de billetes do Pa...