
DÉPOR · 3 OUTUBRO 2026
ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDE DE ENTRADAS PARA O PARTIDO ANTE A REAL SOCIEDAD DO DOMINGO 11 DE OUTUBRO ÁS 16:15
O RC Deportivo abre o prazo de solicitude de entradas para o partido ante a Real Sociedad, que se disputará o vindeiro domingo 11 de outubro ás 16:15 horas no Estadio de Anoeta.Un total de 430 entradas poranse á disposición dos abonados e abonadas do RC Deportivo.O prezo de cada entrada será de 30 euros.As persoas abonadas interesadas poderán realizar a súa solicitude desde hoxe sábado 3 de outubro ata este domingo 4 de outubro ás 19:30 horas, premendo nesta ligazón.Cada abonado ou abonada poderá solicitar un máximo de 2 entradas. A presentación da solicitude non garante a súa adxudicación.No caso de que o número de entradas solicitadas supere as 430 localidades dispoñibles, o RC Deportivo realizará un sorteo público, que será retransmitido en directo a través da canle oficial do Club en YouTube.A data e a hora do sorteo comunicaranse unha vez finalizado o prazo de solicitude.O Club informará directamente por correo electrónico as persoas solicitantes do resultado do proceso, así como dos prazos para completar a compra e do procedemento de entrega das entradas.

Sofía Domínguez enfróntase con Argentina este sábado 10 de ou...

Daniela Caracas, ante Michi Apóstol nun amigable de Colombia ...

Michi Apóstol mídese este sábado 10 de outubro con Venezuela ...

Inês Pereira foi titular este venres 9 ante Irlanda do Norte ...

"Temos que medrar para seguir competindo ben nesta categoría"...

Antonio Hidalgo, respecto ás baixas, advirte que «tamén hai x...