
DÉPOR FABRIL · 3 OUTUBRO 2026
UN FABRIL «DEPENDENDO DO QUE REQUIRA O PRIMEIRO EQUIPO» XOGA ESTE DOMINGO 4 NA CASA DO LÍDER, A UD LOGROÑÉS
O Fabril xoga este domingo 4 de setembro ás 12:00 (Fan Play TV) na casa do líder, o estadio de Las Gaunas da UD Logroñés, nun partido correspondente á 6ª xornada en Primera Federación.A vitoria do pasado sábado ante o Real Unión en ABANCA-RIAZOR deixou o filial con 8 puntos na 7ª posición.Son baixa para o encontro os lesionados Noé, que xa xogou uns minutos no amigable deste venres 2 do primeiro equipo ante o FC Porto; Manu Ferreiro, Damián Canedo, Jairo, Dipanda, Dani Estévez, Manu Serrano e Álex Marqués, cunha lesión no recto femoral dereito.En rolda de prensa, Manuel Pablo lamentou que "non recuperamos a ninguén. Estamos pendentes dos xogadores que están co primeiro equipo, dos que participan, dos que non; e de ir axustando a fin de semana".No citado amigable do Dépor, Kevin foi titular; e Yayo, Álvaro Fraga e Íker Gil debutaron nos últimos minutos.O técnico fabrilista insiste sobre Kevin en que "imos ir axustando, dependendo do que xogue, do que requira o primeiro equipo. Iremos vendo a participación dos que están agora en dinámica. Nós teremos que axustarnos. Temos cadro de xogadores suficiente para contrarrestar os posibles minutos de máis que poidan xogar".Admitiu que en casos como os de Kevin ou Noé, "estamos un pouco no aire sobre o que pode pasar con eles".Pola súa banda, a UD Logroñés, que a pasada fin de semana venceu 3-5 en Mérida, chegaba a esta xornada á fronte da táboa con 15 puntos tras 4 partidos gañados e 1 empatado.En Las Gaunas esta temporada os rioxanos gañaron ao CD Extremadura (2-1) e empataron co Pontevedra CF (1-1).O seu técnico, Unai Mendía, manifestou que "estamos nun bo momento a nivel psicolóxico e deportivo. Estamos adestrando ben. Temos poucas baixas, a xente está enchufada, non esperabamos que o inicio fose tan positivo a nivel de xogo e resultados, e obviamente hai bo ambiente".Do Fabril destaca os seus "números brutais. O ano pasado, na xornada 31, xa ascenderan como primeiros. Arrasaron no seu grupo. Foi o equipo máis dominador de toda a Segunda RFEF cunha idea moi clara. De feito, co balón temos unha idea moi semellante".

O Dépor ABANCA cae pola mínima ante o Atlético de Madrid, aín...

Aberto o prazo de solicitude de entradas para o partido ante ...

Michi Apóstol xogará dous partidos con Venezuela fronte a Col...

Amigable para Nsongo Bil este sábado 3 de outubro en Costa de...

Calendario en ANOSACANTEIRA feminina, co Dépor ABANCA B o dom...

Este sábado 3 de outubro abren os despachos de billetes do Pa...