RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
O Dépor ABANCA conquista o Emma Cuervo ao golear o Sporting de Gijón nun partido no que "despois de facer o primeiro, os demais fixéronse máis fáciles"

DÉPOR ABANCA · 7 AGOSTO 2026

O DÉPOR ABANCA CONQUISTA O EMMA CUERVO AO GOLEAR O SPORTING DE GIJÓN NUN PARTIDO NO QUE "DESPOIS DE FACER O PRIMEIRO, OS DEMAIS FIXÉRONSE MÁIS FÁCILES"

O Dépor ABANCA goleou por 9-0 ao Sporting de Gijón, que milita en Segunda Federación, na 6ª edición do Trofeo Emma Cuervo, que se xogou este venres 7 de agosto no Estadio Pepe Barrera de Ribadeo.A boa nova da xornada foi o regreso á competición de Millene, autora ademais dun 'hat trick'."O máis importante era rematar mellor do que empezamos. E iso fixémolo", apuntou precisamente a futbolista blanquiazul ante os medios de comunicación.Desta forma, As Nosas conquistan o torneo por segunda vez tras a edición do ano 2022, na que derrotaron ao Real Oviedo na quenda de penaltis.O desta tarde foi o segundo partido de pretemporada tras o empate (0-0) do pasado sábado 1 de agosto en Luarca ante o Athletic Club; e serviu para ir asimilando conceptos técnico-tácticos de cara ao primeiro partido de liga, o sábado 29 de agosto ás 12:00 en ABANCA-RIAZOR ante o Sevilla FC.Foron baixa Olaya, Merle Barth e Ainoa, todas elas por control de cargas.Así mesmo, Antía Veiga e Laura Ruiz foron as representantes de ANOSACANTEIRA.O primeiro tempo rematou sen goles. "A primeira parte custounos un pouquiño. Pero pouco a pouco o equipo foi medrando. Nos últimos minutos chegamos bastante. Rematamos mellor do que empezamos", subliñou a dianteira brasileira.

millene0807.jpg

Tras o paso polos vestiarios, o equipo que prepara Alberto Rodríguez impuxo unha marcha máis e os goles comezaron a chegar.Lucía Rivas abriu a lata no minuto 48.O tanto de Lucía Pardo no minuto 53 e de Espe Pizarro no 61 sentenciaron o partido.A partir de aí Millene volveu reencontrarse co gol (minutos 67 e 73) despois de superar a súa lesión nun ombreiro que a mantivo fóra dos terreos de xogo durante boa parte da pasada tempada.E unha ex sportinguista, Redru; e unha futbolista asturiana en propia meta completaron o marcador."Na segunda había máis frescura nas pernas, cambiamos unhas cantas xogadoras. Despois de facer o primeiro fixéronse máis fáciles os demais", concluíu Millene.Deportivo ABANCA: Tarazona (Antía Veiga, min. 60), Sofía Domínguez (Paula Novo, min. 46), Ranera (Elena, min. 46), Carla Castiñeyras (Daniela Caracas, min. 46), Monteagudo (Vega, min. 46), Eva Alonso (Redru, min. 46), Paula Hernández, Eva Dios (Espe Pizarro, min. 46), Michi Apóstol (Lucía Rivas, min. 46), Lucía Pardo (Laura Ruiz, min. 60) e Marisa (Millene, min. 46)Sporting de Gijón: Sirgo (Carbajal, min. 46), Sofía (Rosa, min. 46), Yaiza (Andreu, min. 46), Valle, Jareño, Bartels (Ávila, min. 38), Pau, Moreno, Sandra, Naiara e Emma (Claudia, min. 46)Árbitra: Zulema González, do comité galegoGoles: 1-0 Lucía Rivas (min. 48); 2-0 Lucía Pardo (min. 53); 3-0 Espe Pizarro (min. 61); 4-0 Millene (min. 67); 5-0 Redru (min. 68); 6-0 Millene (min. 73); 7-0 unha futbolista rival en propia meta (min. 86); 8-0 Paula Hernández (min. 87); 9-0 Millene (min. 89)Incidencias: partido disputado no campo Pepe Barrera de Ribadeo

merlebarth0807.jpg